Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Cancelación da Lalín Bike Race

18 DE AGOSTO DE 2020

A situación sanitaria impide a celebración do Campionato de España de XCM

Cancelacion-da-Lalin-Bike-Race

A Federación Galega de Ciclismo vese obrigada a comunicar a suspensión da Lalín Bike Race - Campionato de España de Cross Country Maratón (XCM) prevista para o vindeiro 30 de agosto. A situación sanitaria provocada pola COVID-19 converte en inviable a realización deste evento. 

Os mellores bikers do panorama estatal ían participar na proba organizada polo Extol MTB Team e o Montes do Deza, que o tiñan todo preparado para outra exitosa edición desta cita. Porén, o repunte de contaxiados que Galicia e o resto de España levan semanas padecendo non deixa marxe para a celebración da carreira. A decisión resulta dolorosa, pero adóptase polo ben da saúde de todos, comezando pola dos propios corredores. 

A FGC quere transmitir o seu apoio aos clubs organizadores e poñer en valor o traballo realizado por estas dúas entidades ao longo dos últimos meses para sacar adiante un evento que de seguro regresará aínda con máis forza no futuro. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es