Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Rodríguez, Feijoo e Suárez entran na lista de España para o Mundial 2021 de XCO e Descenso

18 DE AGOSTO DE 2021

Do 25 ao 29 de agosto en Val di Sole

convocatoria-val di sole

Tripla representación galega na convocatoria de España para o Mundial de XCO e DHI que se celebrará na cidade italiana de Val di Sole do 25 ao 29 de agosto. O elite Pablo Rodríguez e o sub23 Iván Feijoo foron citados polo seleccionador español Mikel Zabala para as probas de Cross Country Olímpico, mentres que o rider Ángel Suárez competirá no descenso elite. 

A lista do combinado estatal compóñena 20 ciclistas. O programa do Mundial abrirase o mércores da vindeira semana co Team Relay. A carreira sub23 masculina de XCO terá lugar o sábado na sesión matinal e a quenda dos homes elites chegará ese mesmo día pola tarde, quedando para o domingo todas as probas de descenso.

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es