Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Grazas a convenios privados suscritos entre a Federación Galega de Ciclismo e diferentes empresas privadas, os Clubes e deportistas federados poderán optar a unha serie de beneficios que se detallan a continuación. Recorda que tamén tes a túa disposición coma federado, os descontos que se ofrecen por parte da Real Federación Española de Ciclismo a través do Clube VIP Ciclista

Para Deportistas

imagen

A Federación Ciclismo Galego (FCG) amplía o seu catálogo de vantaxes para as súas federadas e federados mediante un convenio de colaboración con NeuroImpulse. Esta sinerxia activa un bo número de descontos nos servizos que ofrece a clínica ubicada en Arteixo e especializada tanto na terapia para trastornos do desenvolvemento como no deporte adaptado. O centro arteixán axuda ás persoas con algún tipo de limitación a desenvover destrezas para brindarlles independencia no seu día a día e aumentar a súa calidade de vida dentro do seu entorno social. NeuroImpulse conta con tratamentos innovadores baseados na evidencia científica en materia de terapia ocupacional e acondicionamento físico. Visita a súa páxina web oficial

Os descontos dispoñibles para as/os federadas/os e os seus familiares de primeira liña aplícanse na valoración e sesións individuais dos seguintes servizos: fisioterapia e fisioterapia deportiva; terapia ocupacional; psicoloxía infanto-xuvenil e adultos; psicopedagoxía; logopedia; e sala Snöezelen ou multisensorial. Ademais, a través do convenio de NeuroImpulse e a FCG tamén se pode usar a sala fitness baixo tarifas mensuais personalizadas. 

 

imagen

A Federación Ciclismo Galego (FCG) considera a psicoloxía un aspecto fundamental na formación e na práctica deportiva. Por este motivo, e na súa aposta por ofrecer servizos e colaborar en todo o posible con clubs, escolas, ciclistas e árbitros, vén de asinar un novo convenio de colaboración. Deportivamentes ponse a disposición de todos os estamentos do ciclismo galego federado cun prezo especial. Grazas a esta sinerxia, aplícase un desconto en dous servizos. As charlas e talleres formativos buscan axudar a mellorar aspectos específicos do rendemento deportivo a nivel mental. Cunha duración de 60 minutos e un custo de 135 euros, trátase unha actividade que pode contratar a FCG, clubs, equipos e escolas. Por outra banda, as sesións de psicoloxía deportiva ofrécense de xeito privado a ciclistas,adestradores e árbitros. En formato presencial ou online, están deseñadas para 60 minutos e a súa tarifa é de 40 euros. Entra en www.deportivamentes.com 

 

imagen

Campaña de Lidertel, distribuidor de Vodafone 

O grupo Lidertel, distribuidor autorizado de Vodafone, e a Federación Ciclismo Galego lanzan unha campaña da que se poden beneficiar @s federad@s. 

Se te dás de alta en LOWI con Lidertel, lévaste ata 50 euros de desconto nunha tarxeta regalo con Fibra 600Mb + Móvil 50GB por só 39,95€/mes. 

Se te dás de alta en VODAFONE, lévaste ata 50 euros de desconto nunha tarxeta regalo con One Ilimitada Dúo: 600Mbps + 1ª y 2ª ilimitada + TV Lovers Pack + Decodificador incluido por só 76,60€/mes + móvil incluido Xiami Redmi 10C o Samsung Galaxy A13 5G

Consulta toda a información e contacta con Lidertel sen compromiso facendo click neste enlace

 

 imagen

Victory Endurance, tenda oficial Weider Nutrition 

A Federación Ciclismo Galego e Victory Endurance veñen de pechar un acordo de colaboración polo cal a Selección de Galicia e tod@s @s federad@s gozarán dun 30% de desconto nos productos desta firma de nutrición deportiva.

Para aproveitarte deste convenio, entra en www.tiendaweider.es e utiliza o cupón de desconto: fgalegaciclismo

 

 imagen

Ergodinámica, centros médico deportivos

A Federación Galega de Ciclismo (FGC) acaba de asinar un convenio con Ergodinámica para que os federados que presenten a licenza en curso gocen dun desconto do 20% nos centros dá Coruña e Vigo sobre vos servizos de:

• Estudo biomecánico da pisada e do ciclismo.

• Plantillas personalizadas

• Nos tratamentos de fisioterapia

• Nas probas de esforzo.

• En readaptación e preparación física

Ergodinámica é unha rede de centros médico deportivos especializados no Estudo biomecánico da marcha, Cardioloxía, Fisioterapia, Fisioestética, Homeopatía, Medicina deportiva, Medicina interna, Nutrición, Osteopatía, Psicoloxía, Rehabilitación cardíaca, Traumatoloxía, Valoración, Readaptación e Preparación física.

Actualmente dispón de 18 centros todos eles situados en territorio nacional, equipados coa maquinaria e instrumental médico e deportivo máis avanzado e un equipo de profesionais do máis alto nivel.

Grazas á súa metodoloxía única e innovadora, a máis avanzada tecnoloxía, e un equipo multidisciplinar de profesionais en distintos ámbitos da medicina e o deporte, ofrece un servizo global a pacientes e deportistas de todos os niveis no tratamento e recuperación de lesións, así como na mellora do rendemento físico.

O noso obxectivo, axudar a todos os nosos pacientes a alcanzar as súas metas mediante un completo seguimento personalizado.

Web de Ergodinámica: https://www.ergodinamica.com/

Máis información aquí
 
 
imagen

Caldaria Bike es una atractiva y novedosa propuesta

Caldaria Bike es una atractiva y novedosa propuesta turística que fusiona la práctica del ciclismo de carretera y BTT, el deporte y la cultura termal de nuestros balnearios.

Lobios y Arnoia se convierten en los centros neurálgicos de un proyecto de cicloturismo que aúna paisaje, salud y termalismo como magnífico complemento de la práctica del ciclismo.

En torno a Lobios se articula Xurés Termal Bike. Un destino turístico que tiene como principal atractivo la Reserva Mundial de la Biosfera Xurés-Gerês -uno de los parques naturales transfronterizos más grandes de Europa- que abarca territorios de España y Portugal.

El destino te propones rutas turísticas homologadas que, además de facilitar la práctica del ciclismo de montaña o de carretera mountain
bike, funcionan como áreas naturales de interpretación del patrimonio cultural y natural.

Xurés Termal Bike cuenta con todos los servicios de un Centro BTT: zonas de aparcamiento, taller y tienda, punto de información, alquiler de bicicletas y gps, contratación de guías, servicio de bicicletas eléctricas…con programas adaptados a todo tipo de públicos.

Por su parte Arnoia es uno de los centros termales más importantes de Europa que, en los últimos tiempos, se ha vinculado a La Vuelta Ciclista a España, tanto como patrocinador como por albergar varias de sus etapas.

Enclavada en la Comarca do Ribeiro disfruta de una climatología benigna durante buena parte del año. El cañón del Río Arnoia, el Río Miño y las aguas termales son sus señas de identidad junto a un entorno de gran interés paisajístico y cultural.

El Hotel-Balneario de Arnoia es el punto de acogida de Arnoia Termal Bike Km-0 que combina el ciclismo en carretera con el termalismo ofreciendo todo tipo de servicios complementarios y de salud. Una nueva forma de viajar, conocer territorio y mejorar tu salud practicando el deporte de las dos ruedas.

Máis información aquí
 
 
 
imagen

Convenio de colaboración entre a FGC e a FEGATRI

A bicicleta é o nexo común entre o ciclismo e o triatlón, dous deportes que veñen de estreitar aínda máis os seus lazos a nivel autonómico. Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega Ciclismo (FGC), e Gonzalo Mario Triunfo, presidente da Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno (FEGATRI), asinaron o 5 de abril 2019 un convenio de colaboración para facilitar que os deportistas con licenza nunha das dúas federacións poidan participar en probas pertencentes ao calendario do outro organismo. 

 

A estas probas hai que engadir calquer outra de carácter popular (aberta a licenzas dun día) de triatlón sprint, duatlón, triatlón cross e duatlón cross non calendadas e que se poidan celebrar baixo o amparo da FEGATRI.

Pola súa banda, as probas da FGC son todas aquelas de cicloturismo, estrada e BTT.

Licenza dun día

-Será tramitada pola federación organizadora aos deportistas da outra federación.

Seguro deportivo

-O custe será de 2,20 euros para os deportistas da FGC que participen nunha proba da FEGATRI e de 5 euros para os deportistas da FEGATRI que participen nas probas da FGC.

Inscrición

-Cada un dos deportistas federados deberá formalizar as súas inscricións a través da plataforma de inscricións habilitada para a proba (da federación organizadora) na que se desexa formalizar a inscrición. A plataforma de inscricións debe contar cunha categoría específica de “Licenza FGC” e “Licenza FEGATRI” que permita automaticamente cobrar o custo da licenza dun día cos custos anteriormente sinalados.

  

 

imagen

Convenio entra a FGC e a Federación Galega de Montañismo

Seguindo a súa estratexia de ampliar as vantaxes para os seus federados, a Federación Galega de Ciclismo (FGG) vén de subscribir un convenio de colaboración coa Federación Galega de Montañismo (FGM).

Os presidentes destas dúas federacións rubricaron este xoves na Casa do Deporte de Vigo o acordo polo cal os corredores gozarán dos mesmos prezos que os montañeiros na rede de refuxios da FGM.

Para aproveitarse dos descontos, os ciclistas deberán presentar a súa licenza á hora de achegarse ata estas instalacións.

Os refuxios dispoñibles en territorio galego son o de A Ponte, no Macizo de Trevinca; o de A Seara, na Serra do Courel; Albite, na Serra do Xurés; e Torrebarrio, en Pena Ubiña. Estas instalacións dispoñen de servizos de  As reservas deberán ser solicitadas telefónicamente (986 20 87 58) á FGM antes dos venres.

Máis información en http://fgmontanismo.es/

 

imagen

Fisioterapia Cian

A Federación Galega de Ciclismo (FGC) e a clínica Fisioterapia Cian alcanzaron un acordo para que os federados que presenten o carnet acreditativo gocen dun desconto do 20% sobre a tarifa habitual deste centro.

As instalacións desta clínica sitúanse na cidade de Lugo, na praza Augas Férreas, nº8, baixo. Os teléfonos de cita previa son: 982 801 909 / 604 009 912

Máis información na súa web  www.fisioterapiacian.com

Patoloxías susceptibles de tratamento:

- Fracturas

- Escordaduras

- Luxacións

- Roturas fibrilares

- Sobrecarga muscular

- Cervicalxias, dorsalxias e lumbalxias

- Fascitis plantar

- Tendinite

Fisioterapia Cian ofrece un tratamento individual e personalizado para cada paciente e patoloxía.

 

CardioBaiona

Probas de esforzo para ciclistas a un precio especial para federados

Máis información aquí
 

FisioSaúde Sanxenxo

O centro FisioSaúde Sanxenxo, ofrece descontos e precios especiais para federados.
 

Máis información aquí
 
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es