152024
En relación ao Campionato de Galicia CRI 2024 a celebrarse no concello de Pobra do Brollón o próximo venres 17 de maio, a organización da proba en sintonía co Comité Técnico de Árbitros queremos facer as seguintes aclaracións:
-----Dada á alta inscripción acadada, as categorías que disputan o percorrido curto (Adaptado, Infantil Fem, Infantil Masc, Cadete Fem e Cadete Masc) saíran cada 30 segundos mentres que o resto de categorías que disputan o percorrido longo (Junior Masc, Junior Fem, Master Fem, Elite - Sub23 Masc e Elite Sub23 Fem) sairán de minuto en minuto.
-----En relación ao citado anteriormente, permitirase levar vehículo seguidor nas categorías que saen de minuto en minuto, sempre que o vehículo esté dirixido por un director deportivo titulado para tal efecto e con licencia en vigor no ano 2024.
Dito director deberá aportar os seús datos durante a confirmación das inscripción da proba. Recórdase os directores deportivos que a distancia mínima entre o ciclista é o corredor será de 25 metros. Está absolutamente prohibido adiantar ao corredor ou poñerse á par del.
Por motivos de seguridade, as categorías que saen de 30 en 30 segundos non terán permitido levar un vehículo seguidor.
-----Sobre a verificación de bicicletas:
Poderanse revisar as bicicletas a partir das 09:15.
Os corredores deberán presentarse para a verificación de material e vestimenta polo menos con 10 minutos de antelación, dentro dos cales xa non poderán abandoar a zona de control e saída.
Todo corredor ao que se lle detecte algún tipo de material ou vestimenta antirreglamentaria non poderá tomar a saída da proba.
-----Recórdase que só poderán optar ao título de Campión de Galicia os corredores con licencia expedida pola FGC e que non sexan estranxeiros. (Os corredores sinalados en vermello non optan ao Campionato de Galicia)
A competición comezará ás 9:30 horas coa entrada en acción de Ángel Plácido Fernández (Inclusivo Enki) na categoría MH2 de paraciclismo. Achégase documento coa orde completa de saída.
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
CICLISMO GALEGO FEDERACION
Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158