Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Montefaro Enduro Race decide a Copa de España este domingo

172024

Mugardos e Ares acollen a quinta e penúltima proba do certame estatal

A-Montefaro-Enduro-Race-decide-a-Copa-de-Espana-este-domingo

A Copa de España de Enduro coñecerá aos novos gañadores da súa edición 2024 este domingo 19 de maio tras a disputa da Montefaro Enduro Race, quinta e última proba do seu calendario que contará coa presenza da maioría de riders con implicacións na xeral.

As localidades coruñesas de Ares e Mugardos gozarán do desenvolvemento da competición no seu paseo marítimo, por onde desfilarán 200 participantes no evento que corre a cargo do Club Pulpeiros Mugardos. Cinco tramos cronometrados, que ofrecerán un total de 36,16 km de percorrido e 1.263 metros de desnivel, serán o escenario que decidirá os gañadores desta Montefaro Enduro Race e tamén dos triunfadores na xeral absoluta masculina e feminina, que chegan a esta quinta proba da Copa de España comandadas polo naronés Marco Veiga e Candela Ruiz.

imagen

Veiga, que xa ten garantido o triunfo na xeral posto que non acudirá Edgar Carballo, segundo clasificado a só 17 puntos, medirase en Ares a algúns dos riders máis destacados da presente campaña como Mauro González, o júnior Bruno Jiménez, Mario Palacio ou Esteban Bassibe. Entre as mulleres, a campioa de España Sara Yusto parte como clara favorita, aínda que a súa ausencia nas últimas probas da Copa de España déixalle practicamente sen opcións na xeral. Candela Ruiz, para facerse co título, terá que defenderse ante Natalia Menéndez ou Marta García que tratarán de enxugar os puntos que as separan da primeira praza desta Copa de España.

O inicio desta Montefaro Enduro Race está previsto que se produza ás 8:30 horas coa saída do primeiro corredor e a súa finalización producirase ao redor das 14:00 h.

Máis información

 
Logo secundario CICLISMO GALEGO FEDERACION

CICLISMO GALEGO FEDERACION

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158