Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O DHI Estación Manzaneda resolve este domingo a Copa Galicia de Descenso

252024

A fin de semana arranca na montaña ourensá co Mini DH do sábado

O-DHI-Estacion-Manzaneda-resolve-este-domingo-a-Copa-Galicia-de-Descenso

A suspensión da proba prevista para o 7 de xullo en Xunqueira de Espadanedo adianta unha semana o peche da Copa Galicia de Descenso. O certame autonómico máis vertixinoso péchase este domingo, 30 de xuño, no DHI Estación Manzaneda. A montaña ourensá está preparada para dous días de emocións fortes e diversión. O prazo para inscribirse remata este mércores ás 23:59 horas. 

O Club Ciclista Bici Verde organiza unha dobre cita para todas as idades. O sábado pola tarde, a partir das 15:00 h, celébrase o Mini DH Estación Manzaneda. As riders e os riders máis novos lanzaranse no Circuíto Avalancha, estando fixada para as 17:00 h a final. Fai click nesta ligazón para apuntarte

imagen

O sábado tamén haberá actividade no Circuíto Rochas, cos adestramentos libres do DHI Estación Manzaneda. O día grande no segundo e último evento da Copa Galicia de Descenso chegará o domingo. Das 10:00 ás 12:30 h realizaranse os adestramentos oficiais, dando inicio a competición ás 13:00 h coa clasificatoria. A nómina de gañadoras e gañadores desta proba e do certame autonómico irase coñecendo dende as 14:30 h a medida que vaia transcorrendo a quenda final. Fai click nesta ligazón para anotarte

imagen

A lista de participantes encabézana os actuais líderes absolutos da Copa de España: a elite Zoe Zamora (Baskonia Trek) e o seu compañeiro de equipo sub-23 Yelco Romero. En canto á Copa Galicia, dende o Descenso Molinos comandan as xerais do certame autonómico Juana María Vidal (Moto Bike) e Jorge Luis López (DH Galicia) en Elite, Xoel Pereira (Bici Verde) en Sub-23, Arantxa Gómez (OsdoSacho) e Gael Ferro (Bici Verde) en Júnior, Mario González (VK Bikes) en Cadete, Dillen Alisonne (DH Galicia) e Iván Mourelo (DH Galicia) en Máster-30, Rubén Piñeiro (Mesoiro) en Máster-40, Ricardo Escudero (Poio Bike) en Máster-50 e Dani Fernández (THC Bike) en Infantil. 

Toda a información sobre a Copa Galicia de Descenso podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaDHI24 e no seu apartado web

 

 
Logo secundario CICLISMO GALEGO FEDERACION

CICLISMO GALEGO FEDERACION

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158