242025
Fotos: Noelia González / RFEC
A Copa de España de Enduro vai chegar o 13 de abril a Burela cun galego no máis alto da xeral elite. Marco Veiga (Ciclos Quintena) conseguiu o triunfo absoluto no Endubitem e asaltou o liderado. A segunda xornada do certame estatal deixou este domingo outra vitoria galega na provincia de Tarragona, a de Mauro González (Salvaterra) no grupo de idade máster-30.
Terceiro a anterior fin de semana no Reino de los Mallos, o gañador da Copa de España o ano pasado recuperou a coroa. O naronés Marco Veiga impúxose por 7 segundos de diferenza ao catalán Agustí Cirera (Montaspre) nun percorrido de 34,5 quilómetros con cinco treitos cronometrados. A terceira praza no caixón absoluto e no elite ocupouna o valenciano Borja Pérez (Eagle Patrol), a 25 segundos do galego. O vencedor na primeira cita da temporada, Gabriel Torralba (OB Racing), tivo que conformarse coa décimo terceira posición elite.
O segundo mellor rider da nosa comunidade na táboa scratch foi Mauro González, sexto entre todos os participantes e primeiro máster-30. O corredor de Salvaterra sitúase segundo na xeral do seu grupo de idade, xusto por diante de Santos Lemos (Grupeta Pan de Zarko), cuarto en Bítem. No top-10 das súas categorías tamén remataron David Fernández (Avanza-O Porriño), sexto elite; André Martínez (Avanza-O Porriño), noveno sub-23; Leo Álvarez (Pulpeiros), cuarto júnior; e José Ernesto Camesella (Monteboi Bike), noveno máster-50.
O V Enduro Monte Castelo Burela exercerá a mediados do vindeiro de mes de terceira proba puntuable da Copa de España de Enduro.
DOUS TRIUNFOS NA TAÇA DE PORTUGAL DHI
Os especialistas galegos en Descenso cruzaron a fronteira para competir na segunda cita da Taça de Portugal de Downhill presented by Shimano, evento da clase C2 no calendario UCI, e colleitaron tres triunfos. Daniel Barcia (THC Bike) en Sub-15 e Miguel Pintos (Coruxo) en Máster-50 subiron ao chanzo máis alto do podio no Carvoeiro. A un paso da vitoria quedaron Mario Barreiro (Cerdedo-Cotobade) en Sub-17 e Jose Montenegro (Moto Bike) en Máster-45, segundos nas súas categorías.
Foto DHI: Federaçao Portuguesa de Ciclismo
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es