272025
O calendario de grandes citas do Enduro na nosa comunidade arranca este domingo no concello pontevedrés do Porriño. O Campionato de Galicia – Faro de Budiño abre a primavera desta especialidade do BTT que vivirá nas próximas semanas dous eventos da Copa de España en territorio autonómico, o 13 de abril a proba de Monte Castelo en Burela e o 25 de maio a Montefaro Enduro Race en Ares e Mugardos.
Dous anos despois de repartir no 2023 os títulos galegos, o Enduro Faro de Budiño exerce de novo de Campionato. A Asociación Deportiva A Forna volve encargarse dunha competición na que se coroará a un novo rei. O gañador elite o ano pasado, o naronés Marco Veiga (Ciclos Quintena), non poderá revalidar a vitoria conseguida en Burela. A ausencia do vixente líder da Copa de España débese a problemas físicos.
As outras camisolas da Federación Ciclismo Galego no 2024 conquistáronas Álvaro García en Cadete, Jorge Pérez en Júnior, David Fernández en Sub-23, Santos Lemos en Máster-30, José Manuel López Vaqueiro en Máster-40 e Marcos Araújo en Máster-50.
Catro treitos cronometrados
O percorrido deste desafío alcanza os 28 quilómetros dos cales 9 serán cronometrados, divididos en catros treitos. Os tempos en directo, a inscrición e a orde de saída podes consultalos facendo click nesta ligazón
Ás 9:30 horas comezarán a darse as saídas, unha cada 20 segundos, dende o Templete Red de San Luis. Os primeiros en poñerse en marcha serán os corredores da categoría Cadete. O itinerario parte do centro do Porriño e atravesa as parroquias de Budiño e Atios, así como a da Picoña, pertencente ao municipio de Salceda de Caselas.
A lista de inscritos está composta por 152 riders. Entre eles atópanse a elite Desiree Fernández (RSBike Boiro) e o máster-30 Mauro González (Salvaterra do Miño), dominadores do Enduro Faro de Budiño no 2023. Ademais das categorías por idades, dende a Cadete ata a Máster-60, tamén se disputarán as competicións de bicicletas eléctricas e por parellas.
Toda a información sobre este certame podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CampionatoEnduro25
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es