042025
Fotos: Lalín Bike Race
Non houbo sorpresas na etapa final da Volta a Galicia BTT, e non houbo variacións na clasificación final. Na loita na clasificación xeral masculina o corredor chileno Sebastián Andrés (Klimatiza Orbea Team) proclamouse como vencedor tras entrar segundo a escasos metros de Roberto Bou (Klimatiza Orbea Team).
Na proba feminina, a dobre campioa de Europa, Natalia Fisher (Extremadura Ecopilas) venceu con autoridade a etapa final da Volta a Galicia BTT, onde tamén levou a clasificación xeral da rolda da clase S2 pertencente ao calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI).
Na praza de Galicia de Lalín transcorreu a última xornada da Volta a Galicia BTT. Nunha etapa con 62 quilómetros e 1500 metros de desnivel tomaron a saída 182 corredores, na que os líderes das clasificacións xerais puideron coroarse ao final da etapa.
Na proba masculina, rapidamente marcháronse Roberto Bou e Sebastián Andrés, os dous corredores do Klimatiza Orbea Team. O ciclista chileno mantiña unha renda de 31” sobre o seu compañeiro de equipo, e limitouse a perseguirlle a roda durante toda a xornada. Iso si, no esprint de Lalín, impúxose Roberto Bou, que sumou a súa segunda etapa nesta Volta a Galicia BTT.
Todos os intentos que fixo o turolense Roberto Bou por soltar ao seu compañeiro de equipo foron ineficaces. Roberto baleirouse e Sebastián Andrés proclamouse vencedor da clasificación xeral grazas á marxe que cultivara nas xornadas previas. Roberto Bou mantivo o segundo lugar, mentres que Raúl Rodríguez (Extremadura Ecopilas), foi terceiro a máis de dez minutos do ciclista chileno. O vigués Brandán Márquez (VBikes Team) foi o mellor galego da proba, despois de ser oitavo na última etapa e sexto clasificado na xeral.
Sobre a proba feminina, Natalia Fisher non tivo rival. A dobre campioa de Europa marchouse dos seus rivais a metade da proba, e chegou á liña de meta de Lalín con máis de seis minutos e medio de vantaxe sobre María Reyes Murillo (Extremadura Ecopilas), que foi segunda.
O interese da proba feminina para esta última etapa pasaba polo segundo lugar na clasificación xeral. Cunha líder destacada como Natalia Fisher, que levou a etapa e a xeral, o segundo posto estivo en combate. Con todo, María Reyes Murillo foi capaz de defender a súa posición e a etapa relegou á grovense Lara Lois (Scott-BTB Sport Team) ao cuarto lugar da xeral. Terceira na clasificación xeral foi a asturiana Cristina Morán (Scott-BTB Sport Team).
Na entrega de premios estiveron presentes, o alcalde de Lalín, Xosé Crespo Iglesias, a tenente de Alcalde, Mari Paz Pérez, e Avelino Souto, concelleiro de Deportes do concello de Lalín. Ademais de Álex Moreira, representante de Avatel e Rafael Rozas, representante de Pedriñas.
Ao finalizar a entrega de premios todos os participantes gozaron dunha sopa e un lacón con grelos, elaborados polos chefs lalinenses Alberto González (Restaurante Currás) e Álex Iglesias (Restaurante Cabanas).
Máis información e clasificacións
Fonte: Lalín Bike Race
BTT
BTT
BTT
SELECCIÓNS
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es