Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Cambre estrea por partida dobre o palmarés do Campionato de Galicia Infantil de Estrada

172024

A cadete Irene Signo, o cadete Anxo Delgado e a júnior Lara Fuentes venceron nas categorías puntuables para a Copa Galicia do Porvir no G.P. San Roque de Viveiro

O-Cambre-estrea-por-partida-dobre-o-palmares-do-Campionato-de-Galicia-Infantil-de-Estrada

A Federación Ciclismo Galego (FCG) outorgou en Viveiro dúas coroas inéditas ao longo da súa historia ata o pasado sábado. Vega Aldrey e Adrián Vilanova, ambos do Cambre, impuxéronse na primeira edición do campionato autonómico Infantil de fondo en Estrada. O XXXIX Gran Premio Ciclista de San Roque tamén exerceu de terceira proba puntuable para tres categorías da Copa Galicia do Porvir e no seu final en alto anotáronse os triunfos a cadete Irene Signo (TenerifeBikePoint), o cadete Anxo Delgado (Compostelano) e a júnior Lara Fuentes (Cambre), provocando o cambio de líder nas categorías femininas. 

A cita organizada polo Club Ciclista Viveiro reuniu a 161 ciclistas na capital da Mariña Lucense Occidental. A estrea do Campionato de Galicia Infantil disputouse sobre un percorrido de 16 quilómetros e o Cambre adxudicouse os dous títulos. Adrián Vilanova deulle a vitoria masculina ao conxunto coruñés ao dominar por diante de Aarón Rodríguez (Lynalfa-Ponteareas) e Álvaro Iglesias (Compostelano), segundo e terceiro respectivamente.

En canto á competiron feminina, Vega Aldrey ergueu os brazos na liña de meta, quedando segunda a asturiana Lucía Piedra (Las Mestas), que non contaba para o Campionato. Deste xeito, a medalla de prata conseguiuna a terceira clasificada, Antía Torres (Teis), e a cuarta, Leire García (Lynalfa-Ponteareas), colgouse a de bronce. Os premios encargáronse de entregalos María Loureiro, alcaldesa de Viveiro; Eleazar José Rodríguez, concelleiro de Deportes; César Lage, presidente do Club Ciclista Viveiro e delegado da FCG na provincia de Lugo; e Fran Brea, directivo da FCG. 

imagen

imagen

A un trazado máis longo, de 44 km, e con chegada ao Alto de San Roque enfrontáronse as tres categorías da Copa Galicia do Porvir que participaron neste evento. Os 2,5 km de ascensión que puxeron o punto final ao itinerario por Viveiro e Ourol resolvéronse con Anxo Delgado batendo por 8" a Adrián Prieto (Emico & Erbi Bembibre), un desenlace que mantén ao segundo clasificado como líder. O terceiro posto, a 19" do gañador, obtívoo Lucas Blanco (Cambre).

As dúas xerais femininas si que rexistran cambios no máis alto. Irene Signo avantaxou en 1'29 a Inés Santalla (Cambre) e en 2'10" a Alba Gregores (Lynalfa-Ponteareas), resultado grazas ao que se coloca como líder nas cadetes. Pola súa banda, Lara Fuentes foi a terceira muller en alcanzar a meta e os 150 puntos sumados como primeira júnior permítenlle tomar o mando no seu ranking. A segunda posición xuvenil correspondeu a Irene Rodríguez (O Rosal). 

A todas as categorías do certame autonómico Do Porvir só lles resta unha xornada para completar o calendario. No caso das cadetes, dos cadetes e das juniors esa cita chegará o 11 de agosto en Betanzos. Toda a información sobre este circuíto de carreiras podes atopala na súa sección dentro desta páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaPorvir24. 

O G.P. San Roque de Viveito tamén constou de probas para a cativada das Escolas. Jimena Sandiás (Barbanza) e Miguel Díaz (Viveiro) subiron ao máis alto do podio en Promesa, María Seoane (Carballo) e Xoán Sande (Barbanza) en Principiante, e Estela Yáñez (Tríatlon Coruña) e Alejandro Serrano (Las Mestas) en Alevín. 

Clasificacións

 

 

 

 

 

 

 
Logo secundario CICLISMO GALEGO FEDERACION

CICLISMO GALEGO FEDERACION

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158