102025
Fotos: RFEC
A Copa de España Féminas Cofidis volveu a gozar de competición o pasado sábado, tras dous meses de parón, co VII Trofeo Femenino Ayuntamiento de Estella (Navarra). Na carreira júnior, o Baqué Movistar Team protagonizou unha tripla con participación galega. A santiaguesa Alejandra Neira ergueu os brazos na liña de meta xunto ás súas compañeiras de equipo Mirari Gotxi e Paula Ostiz.
A quinta das sete probas que comprende o calendario 2025 do certame estatal incluía nos seus 78 quilómetros unha dobre ascensión ao Alto de Irache e un ascenso ao Alto de Grocín, co seu cumio a menos de 5 km da conclusión. A galega Irene Signo (La Sede Bicycles-Tenerife) formou parte da primeira fuga da xornada. Entre as súas acompañantes nun grupo de cinco unidades estaba Mirari Gotxi, que atacou despois do primeiro paso pola meta e só atopou a resposta de Ariadna Miguel (Baix Ter). Ao mesmo tempo, Alejandra Neira e outras cinco corredoras, entre elas a súa compañeira Paula Ostiz, saltaban do pelotón.
A compostelá e a navarra non quixeron esperar a que se producise unha posible unión do grupo de favoritas coas dúas ciclistas de cabeza e cambiaron o ritmo. Cun gran entendemento, Neira e Ostiz cazaron a Gotxi e Miguel para abrir con gran velocidade unha ampla vantaxe con respecto ás súas perseguidoras. O segundo ascenso a Irache provocou que Ariadna Miguel perdese contacto e que as tres ciclistas do Café Baqué-Movistar Team puxense rumbo cara á tripla.
Con 4 minutos de vantaxe sobre o pelotón, os últimos metros foron de celebración. A primeira posición baixo o arco de meta ocupouna Mirari Gotxi, a segunda Paula Ostiz e a terceira Alejandra Neira. A santiaguesa escalou un posto na xeral e agora é terceira, a 19 puntos da líder Irati Aranguren (Andoaingo). Pola súa banda, a recente campioa de Galicia Júnior de CRI, Inés Santalla (Cambre), rematou 16ª en Estella-Lizarra.
A Copa de España Féminas Cofidis continuará este sábado, día 14, co seu sexto e penúltimo evento en Abanilla (Región de Murcia).
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es