Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Marcha Ciclista en favor da Asociación Debra-Piel de Mariposa

112024

Este domingo en Mondariz Balneario

Marcha-Ciclista-en-favor-da-Asociacion-Debra-Piel-de-Mariposa

Por segundo ano consecutivo, o Club Ciclista Ponteareas e o Concello de Mondariz Balneario organizan a Marcha Ciclista en favor da Asociación Debra-Piel de Mariposa, un evento solidario e orientado ao desfrute familiar. Esta actividade gratuíta celebrarase este domingo, día 14 de xullo, a partir das 12:00 horas nas Pistas Polideportivas da vila que exerce de anfitrioa. Esta Festa da Bicicleta ofrece unha xincana para os máis pequenos e dous percorridos, un de 3 quilómetros e outro de 10. 

As inscricións previas están abertas ata este venres, 12 de xullo, enviando un correo electrónico a mondarizbalneario.rbgalicia@eidolocal.es  cos seguintes datos: nome e apelidos, idade, DNI e nº de contacto. O mesmo día da marcha reabriranse as inscricións dende as 11:00 ata as 11:45 h. 

Os donativos para colaborar con Debra-Piel de Mariposa son benvidos e poden realizarse a través da inscrición solidaria a través do número de conta ES95 2080 5056 1130 40011075. Para máis información sobre esta asociación visita a súa páxina web www.pieldemariposa.es

 

Fonte: Club Ciclista Ponteareas

 

Marcha Ciclista en favor da Asociación Debra-Piel de Mariposa
 
Logo secundario CICLISMO GALEGO FEDERACION

CICLISMO GALEGO FEDERACION

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158