Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Marín e Outeiro de Rei, dobre Xornada de Tecnificación para cadetes e infantís de XCO

262025

Máis de 30 bikers formáronse coa Federación Ciclismo Galego

Marin-e-Outeiro-de-Rei-dobre-Xornada-de-Tecnificacion-para-cadetes-e-infantis-de-XCO

As vacacións escolares comezaron cun intenso programa de Cross Country Olímpico para as promesas do noso BTT. O pasado domingo, o día despois de celebrarse o Campionato de Galicia de XCO en Ribadumia, os montes de Marín acolleron unha Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego (FCG) para cadetes e infantís masculinos. Dous días máis tarde, o martes, o mesmo método formativo aplicouse para as cadetes e infantís femininas en Outeiro de Rei

Entre as dúas convivencias dirixidas por Alberto del Río, técnico da FCG, máis de 30 bikers adestraron e estreitaron lazos de cara ao Campionato de España que terá lugar do 3 ao 6 de xullo en Tarazona de la Mancha (Albacete). O pasado mes de febreiro Marín xa acollera a primeira Tecnificación da temporada, tamén para estas dúas categorías. Nesta ocasión só rodaron pola localidade pontevedresa os rapaces cadetes e infantís, unha xornada na que o traballo se centrou en pulir aspectos técnicos. Ademais de compartir xantar, pola tarde os corredores déronse un refrescante baño para recuperar enerxías como peche a unha fin de semana cargada de XCO. 

 imagen

Outro municipio moi vinculado a esta especialidade como é o lucense de Outeiro de Rei recibiu 48 horas despois ás cadetes e infantís citadas pola FCG. Ata o circuíto de Penas de Rodas achegouse Pilar Méndez, concelleira de Deportes, a darlle a benvida ás rapazas. A realización desta actividade foi posible grazas á colaboración do club Team Bike Outeiro de Rei.

Ás dúas categorías femininas que protagonizaron esta xornada, a FCG xa lles dedicou unha convivencia específica o pasado mes de maio en Maceda. Deste xeito, pechouse o calendario 2025 de Tecnificacións de XCO. Un ano máis esta iniciativa buscou fomentar a base do noso Cross Country Olímpico e formala

 

Marín e Outeiro de Rei, dobre Xornada de Tecnificación para cadetes e infantís de XCO
Marín e Outeiro de Rei, dobre Xornada de Tecnificación para cadetes e infantís de XCO
Marín e Outeiro de Rei, dobre Xornada de Tecnificación para cadetes e infantís de XCO
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es