Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convocatoria da Selección de Galicia Sub-23 e Júnior para o Campionato de España de Estrada

242025

18 ciclistas representarán á Selección de Breogán en Granada

Convocatoria-da-Seleccion-de-Galicia-Sub-23-e-Junior-para-o-Campionato-de-Espana-de-Estrada

O Campionato de España de Estrada amplía este ano o seu programa. As corredoras e os corredores júnior compartirán escenario coas categorías Sub-23, Elite e Elite-UCI. Este novo formato arranca este venres en Granada coa xornada dedicada ás Contra o Reloxo Individuais (CRI) e as probas de fondo disputaranse durante a fin de semana. 

A Selección de Galicia desprázase ata Andalucía con 18 ciclistas para participar nas probas xuvenís e nas sub-23 masculinas. A convocatoria confeccionada polo seleccionador Jacobo Ucha é a seguinte: 

 

JÚNIOR F

Alejandra Neira Domínguez (Baqué Movistar Team) -CRI-

Inés Santalla Castelo (Cambre Servicios Reunidos)

Irene Signo Iglesias (La Sede Bicycles Tenerife)

 

JÚNIOR M

Diego López Cano (Picusa Academy) -CRI-

Daniel Vieito Fernández (Picusa Academy) -CRI-

Rodrigo García Abad (Picusa Academy)
 
Xián Alvariño Rodríguez (Picusa Academy) 
 
Anxo Delgado Lorenzo (Team Polti Visit Malta)
 
Mario Bouza Correa (Cambre Si Buscas Coche)
 
Diego Souto Prado (Equipo Cortizo)
 
Unai Fernández Rivero (Equipo Cortizo)
 
 
SUB-23 M
 
Tomás Pombo Álvarez (Equipo Cortizo) -CRI-
 
Martín Rey Vázquez (Equipo Cortizo)
 
Iván Belmonte González (Equipo Cortizo)
 
Miguel Pérez Pérez (Maxge Ambilamp)
 
David Pollán Díaz (Lasal Cocinas-Craega)
 
Héctor García Neira (High Level-Gsport)
 
Rubén Fandiño Fernández (Vigo-Rías Baixas)
 
As cores da Selección de Breogándefenderenas nas CRI do venres o sub-23 Tomás Pombo, a júnior Alejandra Neira e os júniores Diego López e Daniel Vieito. As tres probas en ruta con presenza do combinado da Federación Ciclismo Galego disputaranse o sábado. 
 
Máis información
 
 
 
 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es