182025
A proba de remudas por combinados autonómicos dá inicio esta tarde (18:00 horas) ao Campionato de España de Cross Country Olímpico (XCO), Short Track (XCC) e Team Relay (XCR) na localidade granadina de Baza. A Selección de Galicia viaxou a terras andaluzas con oito bikers para competir nas categorías Júnior e Sub-23. A convocatoria confeccionada polo seleccionador Jose Alberto del Río é a seguinte:
JÚNIOR F
Lorena Patiño Villanueva (Cardedeu Unió Ciclista)
Lara Pita Pena (Planet MTB)
Elba Hermida Bastos (Lynalfa-Ponteareas, C.C.)
JÚNIOR M
Mauro Vega Valverde (Coruxo, C.C.)
Marcos Rodríguez Nogueira (Maceda, C.C.)
Nicolás Fernández Rodríguez (Coruxo, C.C.)
SUB-23 M
Denis González Nogueiras (Avanza-O Porriño, A.D.)
Martín Díaz Gómez (XSM, C.C.)
As carreiras disputaranse no circuíto David Valero, un percorrido de 4,5 quilómetros que presenta constantes subidas e baixadas curtas. Despois do Team Relay deste venres, no que a Selección de Breogán non tomará a saída, o sábado pola mañá (9:00 h) iniciarase o Campionato de España de XCO coa proba júnior masculina, mentres que ás 11:00 h chegará a quenda para o XCC coa presenza dos sub-23 Denis González e Martín Díaz nun trazado de 1,58 km.
Na xornada vespertina, ás 17:00 h tomarán a saída os master-30, mentres que ás 18:45, farano o resto de categorías máster masculinas. O domingo despedirase este Campionato de España coa celebración do resto de probas de XCO. Ás 8:30 h, a quenda será para a categoría sub-23 masculina, seguida ás 10:30 h. das mulleres en todas as súas categorías e poñerase punto e final a esta competición coa carreira elite masculina ás 12:30 h.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es