21 DE OCTUBRE DE 2019
Acumulando éxitos o Club Ciclista Riazor baixou o pano da Copa de España de Ciclismo Adaptado. As localidades murcianas de Mazarrón e Puerto Lumbreras acolleron esta fin de semana as dúas últimas probas puntuables do certame estatal. Unha dobre xornada na que os paraciclistas da formación coruñesa sumaron seis triunfos individuais e dous por equipos.
Iván Montero chegaba co título en MH5 practicamente no peto e certificouno no primeiro intento. Impúxose o sábado en Mazarrón e repetiu primeiro posto o domingo en Puerto Lumbreras.
A coroa estatal na categoría WH4 xa a certificara de forma matemática Mila López, que en terras murcianas aproveitou para engandir dúas vitorias máis a súa conta particular do exercicio 2019.
A piques de conseguir outro primeiro posto nun ranking da Copa quedouse Luis Javier Arcega en MC3. Venceu por partida dobre esta fin de semana e na xeral final rematou segundo a 15 puntos de Carlos Perona (Fundación Castilla).
Tamén finalizou subcampión Xosé Manuel Vázquez en MC4, a 54 puntos de José Manuel Dosdad (Para-Sport). O representante do conxunto coruñés pechou o curso con dous terceiros postos.
Os resultados individuais acadados na despedida da temporada outorgáronlle ao Riazor a vitoria por equipos tanto en Mazarrón como en Puerto Lumbreras. A estrutura herculina impúxose como bloque en catro das nove xornadas da Copa 2019.
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es