Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Montero cólgase o ouro na proba en liña do Campionato de España de Ciclismo Adaptado

07 DE NOVIEMBRE DE 2020

O representante da Selección de Galicia dominou a categoría MH5

Montero-colgase-o-ouro-na-proba-en-lina-do-Campionato-de-Espana-de-Ciclismo-Adaptado

Foto: LP's Photography

Anotándose un título estatal a Selección de Galicia iniciou este sábado no circuíto de Cartagena a súa participación no Campionato de España de Ciclismo Adaptado en estrada 2020. Iván Manoel Montero impúxose na proba en liña da categoría MH5. O coruñés foi un dos catro corredores que rodaron no trazado murciano defendendo as cores do combinado autonómico. 

Subcampión o pasado ano na carreira de fondo, Montero colgouse nesta ocasión a medalla de ouro. O seu triunfo resultou incontestable. Os 45,5 quilómetros de percorrido completounos cunha vantaxe de 4 minutos e 26 segundos respecto ao segundo clasificado José Rojas (Sevilla No&Do). 

"O circuíto non era esixente, pero a carreira fíxose dura polo forte vento", sinala Montero, que dominou entre os handbikers de clase 5 de principio a fin: "Puxen distancia de saída na miña categoría e logo fun colaborando cun compañeiro da selección madrileña que compite en MH4. Ampliamos as distancias e puiden gardar forzas pensando na contra o reloxo de mañá. Botamos en falta máis participación por mor, principalmente, da covid".

Na mesma carreira Álvaro Illobre obtivo a quinta praza na clasificación MH4, mentres que os outros dous representantes da selección galega participaron na proba individual de bicicletas. Na categoría MC5, disputada sobre unha distancia de 56 km, Severino Mata logrou a sétima posición e Diego Pérez terminou decimoterceiro

Este domingo o campionato estatal baixará o pano coas contra o reloxos. Ás 09:00 horas empezarán a tomar a saída os handbikers, con Montero defendendo a coroa conquistada no 2019, e a quenda dos corredores MC5 chegará a partir das 12:15 horas. 

 

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

Montero cólgase o ouro na proba en liña do Campionato de España de Ciclismo Adaptado
Montero cólgase o ouro na proba en liña do Campionato de España de Ciclismo Adaptado
Montero cólgase o ouro na proba en liña do Campionato de España de Ciclismo Adaptado
Montero cólgase o ouro na proba en liña do Campionato de España de Ciclismo Adaptado
Montero cólgase o ouro na proba en liña do Campionato de España de Ciclismo Adaptado
Montero cólgase o ouro na proba en liña do Campionato de España de Ciclismo Adaptado
Montero cólgase o ouro na proba en liña do Campionato de España de Ciclismo Adaptado
Montero cólgase o ouro na proba en liña do Campionato de España de Ciclismo Adaptado
Montero cólgase o ouro na proba en liña do Campionato de España de Ciclismo Adaptado
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es