Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Javier Arceaga é o primeiro líder MC3 da Copa de España de Ciclismo Adaptado

27 DE ABRIL DE 2021

O corredor do Paraciclismo Galicia impúxose na proba inagural de Badajoz

Javier-Arceaga-e-o-primeiro-lider-MC3-da-Copa-de-Espana-de-Ciclismo-Adaptado

Foto: Foto Badajoz

Malia acudir cunha pequena representación do seu equipo, o ParaciclismoGalicia estreou a Copa de España de Ciclismo Adaptado 2021 celebrando un triunfo. Javier Arceaga impúxose o pasado sábado na categoría MC3 do IV Gran Premio Ciudad de Badajoz e o corredor galego lucirá a camisola de líder o vindeiro 26 de xuño en Viveiro, escenario da segunda xornada do certame estatal. 

Nun circuíto urbano de 5,6 quilómetros de lonxitude, Arceaga anotouse o triunfo cun tempo de 1 hora 15 minutos e 21 segundos, batendo por 23" de diferenza a Francisco Sánchez (Hyundai Koryo Car). Lonxe dos dous primeiros, a máis de 5', Jaime Mariño (Lute Anguita) completou o podio MC3. 

A Copa regresará dentro de dous meses na Mariña Lucense, pero antes disputarase a finais de maio (do 28 ao 30) o Campionato de España na localidade madrileña de Cadalso de los Vidrios. 

Clasificacións

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es