Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Arcega e Montero exercen de líderes da Copa de España de Ciclismo Adaptado en Ciudad Real

21 DE SEPTIEMBRE DE 2021

Os dous representantes do Paraciclismogalicia impuxéronse na cuarta xornada do certame estatal

Arcega-e-Montero-exercen-de-lideres-da-Copa-de-Espana-de-Ciclismo-Adaptado-en-Ciudad-Real-

Foto: LP's Photography

Despois de dous meses de paréntese a Copa de España de Ciclismo Adaptado regresou este domingo en Ciudad Real con dúas vitorias galegas. Luis Javier Arcega, en MC3, e Iván Manoel Montero, en MH5, exereceron de líderes das súas categorías e conseguiron dúas das vitorias asinadas polos representantes do Paraciclismogalicia, mellor equipo da xornada. O outro podio autonómico obtívoo Ángel López (Inclusivo Enki) en MH2.  

O pleno de triunfos de Arcega nesta edición da Copa viviu un novo capítulo na súa cuarta xornada. O líder MC3 impúxose nesta ocasión por diante de Carlos Perona (Fundación Ciclista de Castilla) e Raúl Ballinot (Alberto Contador), segundo e terceiro respectivamente. Na xeral o colchón de puntos do galego amplíase ata os 63 puntos.

O seu compañeiro Montero chegaba ao Gran Premio VI Centenario igualado a puntos con Luís Costa na clase MH5. A vitoria do handbiker do Paraciclismogalicia en Ciudad Real sumouse á ausencia do portugués, polo que a diferenza no ranking da Copa é agora de 60 puntos a prol do coruñés. 

O trío de podios autonómicos completouno Ángel López. O handbiker do Inclusivo Enki rematou terceiro, resultado que non lle permitiu manter a segunda praza na xeral. Juan José Muñoz (Villaverde), segundo por detrás do gañador e líder Andrés Urbano (Para-Sport Andalucía), sitúase no ranking con 5 puntos máis que o galego. 

O calendario da Copa de España continuará o 2 de outubro co III Gran Premio de Valencia, antepenúltimo evento do certame estatal.

Clasificación Ciudad Real 

Información da Copa

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es