Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Iván Montero vístese de líder na primeira fin de semana da Copa de España de Ciclismo Adaptado

06 DE ABRIL DE 2022

O handbiker do ParaciclismoGalicia comezou en Cuevas del Almanzora a defensa do título

Ivan-Montero-vistese-de-lider-na-primeira-fin-de-semana-da-Copa-de-Espana-de-Ciclismo-Adaptado

Foto: LP's Photography

A temporada 2022 da Copa de España de Ciclismo Adaptado botou a rodar a pasada fin de semana na provincia de Almería cun galego vestíndose de líder na categoría MH5. Iván Montero (ParaciclismoGalicia) sumou os 120 puntos que había en xogo na dobre xornada disputada en Cuevas del Almanzora. O handbiker coruñés busca este ano a súa terceira coroa consecutiva no certame estatal.

O programa en terras andaluzas arrancou o sábado cunha contra o reloxo. Sobre unha distancia de 25 kilómetros, Montero firmou un rexistro de 44 minutos e 20 segundos. Ao día seguinte chegou a quenda da proba en liña e o único representante galego neste evento cruzou a liña de meta tras 1 hora 23 minutos e 59 segundos de esforzo na súa handbike.

O ParaciclismoGalicia logrou por equipos un segundo e un primeiro posto. A Copa de España de Ciclismo Adaptado consta esta campaña de sete xornadas e a vindeira cita terá lugar en Badajoz o 15 de maio. 

Máis información e clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

Iván Montero vístese de líder na primeira fin de semana da Copa de España de Ciclismo Adaptado
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es