Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Xunta licita a sinalización de máis de 600 quilómetros de rutas ciclistas protexidas para incrementar a seguridade dos deportistas

24 DE FEBRERO DE 2020

A Xunta licita a sinalización de máis de 600 quilómetros de rutas ciclistas protexidas para incrementar a seguridade dos deportistas

A-Xunta-licita-a-sinalizacion-de-mais-de-600-quilometros-de-rutas-ciclistas-protexidas-para-incrementar-a-seguridade-dos-deportistas

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou a licitación hoxe da sinalización de máis de 600 km de rutas habituais para ciclistas deportivos co fin de instalala a comezos do verán.

Vázquez Mourelle, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, abordou hoxe esta iniciativa co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

A Plataforma de Contratación da Xunta recolle hoxe a licitación de 10 percorridos por estradas autonómicas das catro provincias nas que se colocarán máis de 300 sinais e paneis para que os condutores sexan conscientes da presenza dos ciclistas, cun especial esforzo no mantemento das beiravías.

A titular de Infraestruturas subliñou que hoxe se dá un novo paso administrativo coa contratación destas actuacións, por un importe de 220.000 euros. A presentación de ofertas finaliza o vindeiro 23 de marzo.

Lembrou que o Goberno galego, a través do Plan de Sendas, está a facilitar a mobilidade diaria das persoas, priorizando os desprazamentos a pé ou en bicicleta aos centros de saúde, colexios, centros administrativos ou polígonos empresariais.

Non obstante, puntualizou que os ciclistas deportivos son usuarios con características diferentes, que fan outro uso das estradas e que, polo tanto, precisan de accións adaptadas.

Os ciclistas deportivos circulan a unha velocidade moito maior, polo que teñen que desprazarse pola calzada, preferentemente pola beiravía. Isto provoca situacións de maior vulnerabilidade e, por iso, cómpre implicarse no incremento da súa seguridade.

Este colectivo, ao igual que os peóns, deben facerse ver cunha vestimenta axeitada e circular de xeito adecuado pola beiravía. A este respecto, a Xunta entregará outros 600 cortaventos reflectores, para que a Federación os distribúa xunto cun folleto explicativo de como circular por estrada.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es