Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convenio con Ergodinámica

03 DE FEBRERO DE 2020

Convenio con Ergodinámica

Convenio-con-Ergodinamica-

A Federación Galega de Ciclismo (FGC) acaba de asinar un convenio con Ergodinámica para que os federados que presenten a licenza en curso gocen dun desconto do 20% nos centros da Coruña e Vigo sobre os servizos de:

• Estudo biomecánico da pisada e do ciclismo.

• Persoais personalizados

• Tratamentos de fisioterapia

• Probas de esforzo.

• Readaptación e preparación física

Ergodinámica é unha rede de centros médico deportivos especializados no Estudo biomecánico da marcha, Cardioloxía, Fisioterapia, Fisioestética, Homeopatía, Medicina deportiva, Medicina interna, Nutrición, Osteopatía, Psicoloxía, Rehabilitación cardíaca, Traumatoloxía, Valoración, Readaptación e Preparación física.

Actualmente dispón de 18 centros todos eles situados en territorio nacional, equipados coa maquinaria e instrumental médico e deportivo máis avanzado e un equipo de profesionais do máis alto nivel.

Grazas á súa metodoloxía única e innovadora, a máis avanzada tecnoloxía, e un equipo multidisciplinar de profesionais en distintos ámbitos da medicina e o deporte, ofrece un servizo global a pacientes e deportistas de todos os niveis no tratamento e recuperación de lesións, así como na mellora do rendemento físico.

O seu obxectivo, axudar a todos os pacientes a alcanzar as súas metas mediante un completo seguimento personalizado.

Web de Ergodinámica: https://www.ergodinamica.com/

Máis información aquí

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es