Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Cancelado o III GP Máster Ribeira Sacra - Campionato de Galicia de Fondo en Estrada

24 DE JULIO DE 2020

O Concello do Saviñao suspende a proba tras recibir o aviso por parte da Consellería de Sanidade dun caso positivo de COVID-19 no municipio

Cancelado-o-III-GP-Master-Ribeira-Sacra---Campionato-de-Galicia-de-Fondo-en-Estrada

Foto: Miguel Borrás

O III GP Máster Ribeira Sacra - Campionato de Galicia de Fondo en Estrada 2020 non se disputará este sábado 25 de xullo. O Chantadino Máste Team publicou este venres o seguinte comunicado anunciando a cancelación da proba:

"Desde o Chantadino Máster Team informamos que o Concello do Saviñao nos comunicou a cancelación do GP Máster Ribeira Sacra - Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster 2020, previsto para este sábado 25 de xullo a partir das 17:00 horas, nunha reunión mantida hoxe venres ás 18 horas con membros da corporación municipal". 

Tal decisión foi tomada pola seguridade de todos, debido ao aviso recibido ás 16:00 horas desta tarde, venres 24 de xullo, por parte da  Consellería de Sanidade dun caso positivo de Covid-19 no municipio, procedente dunha reunión familiar e á espera de posibles novos positivos.

Desde o CMT pedimos desculpas polas posibles molestias ocasionadas a todos".

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es