Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Protocolo actualizado da Federación Galega de Ciclismo

11 DE SEPTIEMBRE DE 2020

Segunda versión do Protocolo de actuación fronte á Covid-19, Táboa de Adestramentos, Táboa de Competicións e Certificado da Secretaría Xeral para o Deporte.

Protocolo-modificado-da-Federacion-Galega-de-Ciclismo

A Federación Galega de Ciclismo (FGC), co fin de minimizar os riscos de contaxio, modifica o seu Protocolo de Actuación fronte á COVID-19 para a práctica de competición nas especialidades de Ciclismo en estrada, BTT, Ciclocrós, Ciclismo para todos e Escolas. Esta segunda versión actualízase no apartado relativo ao cumprimento dos deportistas a manter a distancia interpersoal de 1,5 metros determinando medidas de penalización para a práctica competitiva do ciclismo. Na data do 11 de setembro a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia certifica que o novo protocolo da FGC se adecúa ao disposto no protocolo Fisiocovid-DXTgalego.

Nesta publicación achegamos o Protocolo elaborado pola FGC; o Certificado da Secretaría Xeral para o Deporte; a Táboa na que se enumeran as situacións de posible contaxio durante as competicións e as correspondentes medidas de tratamento; e unha Táboa similar para os adestramentos das escolas de Estrada e BTT.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es