Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pablo Rodríguez e Ángel Suárez, na lista de España para o Mundial de BTT XCO-DHI

29 DE SEPTIEMBRE DE 2020

Do 5 ao 11 de outubro en Leogang (Austria)

Pablo-Rodriguez-e-angel-Suarez-na-lista-de-Espana-para-o-Mundial-de-BTT-XCO-DHI

Foto: RFEC

Dobre representación elite galega na lista de 19 convocados elaborada polo seleccionador español Cristóbal Sánchez para os Campionatos do Mundo 2020 de BTT XCO e DHI. O macedao Pablo Rodríguez e o vigués Ángel Suárez estarán na cita que se celebrará na localidade austríaca de Leogang do 5 ao 11 de outubro.

No Cross Country Olímpico, o ourensán do BH Templo terá como compañeiros de selección na categoría elite a David Valero, Carlos Coloma e Sergio Mantecón. Rodríguez vén de colgarse a medalla de bronce nos estatais de XCO disputados hai dez días en Valladolid.

Ao chanzo máis alto do caixón subiu nesa mesma fin de semana Suárez no Campionato de España de Descenso que tivo como escenario Otívar. O rider do YT Mob e Álex Marín formarán a dupla española elite en Austria. 

 

GALERÍA DE FOTOS

Pablo Rodríguez e Ángel Suárez, na lista de España para o Mundial de BTT XCO-DHI
Pablo Rodríguez e Ángel Suárez, na lista de España para o Mundial de BTT XCO-DHI
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es