Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Aprazada a Godello Bike Race

03 DE OCTUBRE DE 2020

Comunicado oficial da organización

Aprazada-a-Godello-Bike-Race

Comunicado oficial da organización da Godello Bike Race:

"Tras a evolución dos acontecementos e informacións dos últimos días e asumindo a responsabilidade ante a clara recomendación tanto de autoridades locais como sanitarias de non realizar o evento, vémonos na obrigación de aprazar a "Godello  Bike Race" ata nova data en 2021.

-Traballamos no desenvolvemento de protocolos  COVID que estaban listos para ser aplicados.

-Analizamos os detalles que nos permitirían desenvolver a nosa proba con todas as garantías.

-Recibimos o apoio de Federación, colaboradores, Hotel Pazo de Castro e marcas asociadas e por todo iso estabamos confiados na celebración do evento.

Lamentablemente, nas últimas horas, e como é coñecido por todos, a situación cambiou, empeorando notablemente as previsións e deixando a realización de calquera actividade baixo a responsabilidade exclusiva do organizador, sen garantía algunha sobre a evolución favorable en próximas datas que podería chegar, finalmente, a unha prohibición explícita por parte de autoridades locais. Con enorme desilusión por ter que renunciar ao noso obxectivo, pero asumindo o noso papel na sociedade e tentando minimizar calquera impacto ou repercusión negativa en veciños, colaboradores, marcas ou organismos que nos apoian, tomamos as seguintes medidas:

-A  Godello  Bike Race aprazarase a 2021 en data 9 e 10 de Outubro.

-Os que contrataron o seguro de cancelación, poderán executalo.

-O resto de rexistrados/ as recibirán por correo postal no domicilio que nos acheguen por correo a máscara personalizada para este evento e outros elementos que xa estaban producidos para a súa bolsa de corredor, quedando a súa inscrición deste ano, reservada para 2021.

-O custo de 10€ para traspasar a inscrición queda anulado para todos os rexistrados.

-Os que contrataron habitación en Hotel Oficial, Menú oficial e/ou servizo mecánico ao facer a inscrición recibirán o importe íntegro destes servizos na súa tarxeta.

Somos parte desta sociedade que se preocupa e pelexa por saír adiante. Confiamos no futuro, por preocupante que sexa o presente. Co esforzo e responsabilidade de todas  e todos, conseguirémolo. Para calquera información ou consulta sobre a proba ou as inscricións, pedímosvos que contactedes connosco en: godellobikerace@gmail.com".

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es