Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Decisións adoptadas na Asemblea Xeral Extraordinaria da FGC

16 DE NOVIEMBRE DE 2020

Aprobados os tres puntos do día por maioría de votos

Decisions-adoptadas-na-Asemblea-Xeral-Extraordinaria-da-FGC

Este domingo celebrouse por videoconferencia a Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Galega de Ciclismo (FGC) coa asistencia de 23 asembleístas. A orde do día estaba centrada na disciplina do ciclocrós, que a súa temporada dará comezo este sábado 21 de novembro. Os tres puntos sometidos a votación recibiron a aprobación da maioría dos membros asistentes á reunión celebrada por primeira vez de forma non presencial e a través de medios telemáticos. 

O calendario aprobado consta de seis probas puntuables para a Copa Galicia CX e o peche da temporada porao o Campionato de Galicia de CX en Ferrol baixo a organización do Esmelle, C.C. e a FGC.

Respecto á Normativa Técnica, a primeira novidade é o pago de inscrición para as categorías masters cun importe de 10€, que deberán aboar no momento de inscribirse na plataforma web da FGC. A segunda novidade, limita a participación aos/ás corredores/as empadroados en calquera das catro provincias galegas. Quedará a criterio dos organizadores os horarios das competicións (xornada maña, tarde ou completa) e as cerimonias de premiación que poderían celebrarse ao remate de cada categoría para evitar aglomeracións.

O último punto, a aprobación do Protocolo Covid-19, abarcou a maior parte do tempo da reunión dadas as dúbidas que xeran varias novidades á hora de acceder ás probas de ciclocrós e que sentarán as bases para as disciplinas de Estrada e BTT da nova temporada. Por unha banda, realizar test serolóxicos ou probas similares (PCR ou test antíxenos) cada 14 días naturais. O primeiro test debe realizarse entre as 72/24 horas previas á celebración da primeira proba na que se participe. A partir do primer test os seguintes se realizaran como máximo ata 14 días naturais

Por outra, a asistencia ou non de público nas competicións queda a criterio do organizador en base ás condicións do circuíto. Cada participante so debe estar acompañada/o da persoa que exerza de auxiliar realizando o apoio técnico

Para finalizar a asemblea, o presidente da Federación Galega de Ciclismo insistiu na responsabilidade e sentido común para poder realizar con éxito as nosas competicións e demostrar que o noso deporte é un deporte seguro.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es