Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Obrigas Financeiras 2021

21 DE DICIEMBRE DE 2020

Rebaixa dun 5% no importe das licenzas e dun 18% nas de idade escolar. Os clubs que organizaron algún evento no 2020 terán un 50% de desconto na súa licenza. Tamén hai novidades nas taxas das probas.

Obrigas-Financeiras-2021-

A Asemblea Xeral da Federación Galega de Ciclismo, celebrada o pasado sábado, aprobou as Obrigas Financeiras para a temporada 2021.

No referente aos prezos das licenzas, destacar a rebaixa dun 5% no seu importe e dun 18% nas de idade escolar. O prezo da licenza do club terá un 25% de desconto e do 50% para aquelas entidades que organizaron algunha proba no ano 2020.

Por outra banda, conxélase o importe das taxas dos eventos coa novidade de que se aplicará un desconto nas taxas federativas que celebren varias probas no mesmo día: na segunda e restantes categorías a rebaixa será do 50%. 

Achéganse os documentos das Obrigas Financeiras 2021 e dos Prezos das Licenzas 2021.

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es