Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Aclaracións ás novas restricións da Orde 15/02/2021

17 DE FEBRERO DE 2021

Achégase a Guía Simplificada da Secretaría Xeral para o Deporte, o Modelo de Certificado, o Excel a cumprimentar polos clubs e o Protocolo de Actuación fronte á COVID-19 da Federación Galega de Ciclismo

Aclaracions-as-novas-restricions-da-Orde-15-02-2021

Tras a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) que recolle a ORDE do 15 de febreiro de 2021 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021 como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, compartimos as instrucións vinculadas ao ciclismo federado.

 

Deporte Federado de ámbito autonómico.

a.   Protocolos aplicables. 

A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados, deste xeito conforme ao noso Protocolo de actuación para a volta da actividade ciclista fronte a Covid-19 indicámoslle as seguintes instrucións:

 

· Manter sempre a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

· Uso obrigatorio da máscara, salvo no momento da práctica deportiva durante o adestramento. Recomendase o uso da máscara durante a circulación en zonas urbanas.

·  Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou solución hidroalcólica.

·  Evitar o contacto físico 

· Os adestramentos poden desenvolverse de xeito individual ou colectivo (grupos o máis reducidos posibles), sempre sen contacto físico e mantendo a distancia de seguridade interpersoal    

 

b.  Instalacións deportivas. 

 

· Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas en que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito federado autonómico. 

· Vestiarios e zonas de ducha: poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.   

 

c.   Restricións de mobilidade e de horario nocturno.

 

En relación coas limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais e de horario nocturno establecese aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados:

1. Que o desprazamento estea xustificado pola realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva ou pola participación nunha competición deste tipo. A estes efectos, como norma xeral, para esta excepción establécese un período previo de 4 semanas á celebración da competición.

 

· No caso de non ter programada a asistencia a ningún evento/competición de ciclismo no prazo de 4 semanas, a movilidade soamente quedara permitida dentro do municipio.

· No caso da asistencia as Escolas de ciclismo, non se permite a movilidade entre Concellos. Os/as deportistas non poderan acudir a actividade da súa escola mentres non se modifiquen as normas descritas na Orde do 15 de febreiro de 2021.

 

2. Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes. 

3. Que o desprazamento se realice por algunha ou algunhas das seguintes persoas:

- Por persoas deportistas federadas participantes en competicións oficiais cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.

- No caso de acreditarse a súa necesidade, sparrings das persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte ou órgano autonómico competente da Administración autonómica.

- Outro persoal autorizado (delegados, etc.) 

4. Que a persoa que se desprace porte, durante o desprazamento, un CERTIFICADO, segundo o modelo adxunto oficial, emitido polo seu club deportivo federado o de non ter a correspondente federación.


No caso de certificacións emitidas polos clubs, estes deberán comunicar á Federación respectiva un listado dos mesmos, a efectos do seguimento e verificación por parte destas. 

As Federacións Deportivas Galegas remitirán semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte a información sobre os certificados emitidos, coa relación nominal dos deportistas e outros axentes autorizados.

 

d. Asistencia de público a eventos, adestramentos e competicións deportivas de ámbito Estatal que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública.

 

Non se permite.

 

 

Rogamos RESPONSABILIDADE E PRUDENCIA.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es