Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Nota informativa sobre as últimas medidas de prevención contra a COVID publicadas no DOG

07 DE MARZO DE 2021

Instrucións vinculadas ao Ciclismo Federado. Actualizado

Nota-informativa-sobre-as-ultimas-medidas-de-prevencion-contra-a-COVID-publicadas-no-DOG

Deporte Federado de ámbito autonómico.

a.   Protocolos aplicables. 

A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados, deste xeito conforme ao noso Protocolo de actuación para a volta da actividade ciclista fronte a Covid-19 indicámoslle as seguintes instrucións:

 

· Manter sempre a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

· Uso obrigatorio da máscara, salvo no momento da práctica deportiva durante o adestramento. Recoméndase o uso da máscara durante a circulación en zonas urbanas.

·  Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou solución hidroalcólica.

·  Evitar o contacto físico 

· Os adestramentos poden desenvolverse de xeito individual ou colectivo en grupos o máis reducidos posibles para procurar a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros durante o desenvolvemento da actividade.

   

b.   Restricións de mobilidade.

Para a práctica deportiva ciclista FEDERADA:

Para todos os deportistas que non asistan a un evento/competición ciclista nas próximas 4 semanas deberán realizar os seus adestramentos nos Concellos da mesma zona.

 

Consulta neste enlace o mapa de Restricións por Concellos e nesta outra ligazón o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

Adestramentos ou competicións de ámbito federado profesional ou non profesional permitidos pola Orde da Consellería de Sanidade, do 25 de febreiro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Para estes efectos, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá establecer requisitos, condicións e limitacións aos desprazamentos correspondentes á actividade deportiva federada de ámbito autonómico. = PRESENTACIÓN DO CERTIFICADO DE MOBILIDADE POR UN ADESTRAMENTO VINCULADO A UN EVENTO/COMPETICIÓN CICLISTA.

No caso de realizar o adestramento entre Concellos de diferentes zonas de incidencia é obrigatorio portar o CERTIFICADO DE MOBILIDADE (modelo oficial da Secretaría Xeral para o Deporte) xustificando o desprazamento vinculado á participación nun evento/competición ciclista incluída no calendario oficial da federación deportiva nas próximas 4 semanas.

En todo caso, recoméndase limitar a mobilidade o máximo posible.

 

INSTRUCCIÓNS PARA A EMISIÓN DO CERTIFICADO DE MOBILIDADE:

En relación coas limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais e de horario nocturno establecese aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados:

1. Que o desprazamento estea xustificado pola realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva ou pola participación nunha competición deste tipo. A estes efectos, como norma xeral, para esta excepción establécese un período previo de 4 semanas á celebración da competición.

 

2. Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes. 

 

3. Que o desprazamento se realice por algunha ou algunhas das seguintes persoas:

- Por persoas deportistas federadas participantes en competicións oficiais cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.

- No caso de acreditarse a súa necesidade, sparrings das persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte ou órgano autonómico competente da Administración autonómica.

- Outro persoal autorizado (delegados, etc.) 

 

4. Que a persoa que se desprace porte, durante o desprazamento, un CERTIFICADO, segundo o modelo oficial, emitido polo seu club deportivo federado o de non ter a correspondente federación.

 

No caso de certificacións emitidas polos clubs, estes deberán comunicar á Federación respectiva un listado dos mesmos, a efectos do seguimento e verificación por parte destas. 

As Federacións Deportivas Galegas remitirán semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte a información sobre os certificados emitidos, coa relación nominal dos deportistas e outros axentes autorizados.

 

Instalacións deportivas 

 

· Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas nas que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito federado autonómico. 

· Vestiarios e zonas de ducha: poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.   

 

Asistencia de público a eventos, adestramentos e competicións deportivas de ámbito Federado que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública.

§ Concellos con nivel de restrición máxima* (ver anexo II).

Non se permite.

§ Concellos con nivel de restrición alta e nivel de restrición media* (ver anexo II).

· 30% da capacidade permitida

· Público sentado e garantindo a distancia de 1,5 metros nas catro direccións.

· Máximo:

o 250 persoas en instalacións pechadas

o 500 persoas en instalacións ao aire libre

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es