Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Nova Identidade Corporativa da Federación Galega de Ciclismo

20 DE ABRIL DE 2021

A renovada imaxe inspírase na simboloxía do noso pasado para proxectarse cara o futuro

Nova-Identidade-Corporartiva-da-Federacion-Galega-de-Ciclismo-

A Federación Galega de Ciclismo completa o proceso de renovación da súa imaxe e revitalización da súa marca que iniciou hai uns meses. Despois de estrear nova páxina web, a CGF actualiza a súa denominación e a súa Identidade Corporativa cun logotipo inspirado na simboloxía do noso pasado para proxectarse cara o futuro. Orgulloso da súa historia, o noso ciclismo volve pedalear con forza no regreso á normalidade. 

O novo logo xoga co paralelismo entre un petroglifo, unha roda e a letra 'O'. No interior desa imaxe aparecen dúas consoantes, o 'C' e o 'G'. Así se presentan as iniciais que nos identifican: O Ciclismo Galego. 

A renovada Identidade Corporativa da CGF respecta a esencia da anterior e busca fortalecer o sentimento de pertenza. Nela converxen o pasado, o presente e o futuro. Unha creación dinámica e sinxela que a partir de agora simbolizará a paixón que nesta terra sentimos pola bicicleta.  

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es