Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de tecnificación dos corredores juniors masculinos de estrada

29 DE ABRIL DE 2021

Este sábado en Caldas de Reis

Xornada-de-tecnificacion-dos-corredores-juniors-masculinos-de-estrada

Este sábado, día 1 de maio, os corredores da categoría júnior masculina de estrada participarán nunha xornada de tecnificación na localidade pontevedresa de Caldas de Reis. Esta primeira toma de contacto estará enfocada á valoración das necesidades que teñan os ciclistas, presentación do novo plan estratéxico que está a elaborar a Federación Galega de Ciclismo e á formación dos corredores.

Como convidado de excepción asistirá Ezequiel Mosquera. O excorredor de Teo, un dos ciclistas máis sobranceiros na historia de Galicia, dará unha charla na que explicará o que significa ser un equipo, tanto dentro como fóra da competición. 

Nesta xornada tamén estaba prevista a presenza das corredoras da categoría júnior feminina, pero estas ciclistas atoparanse este sábado disputando a XIX Balmasedako Emakumeen Saria, proba que pertence á Copa de España. Desexámoslles unha boa participación. 

O novo plan estratéxico da Federación Galega de Ciclismo levarase a cabo nas categorías cadete, júnior, elite e sub23, tanto masculina como feminina. As distintas categorías iranse incorporando proximamente nas xornadas que se realizarán ao longo da temporada.

Os corredores citados para este sábado por Jose Manuel Abalo, director técnico da Federación Galega de Ciclismo para a categoría júnior, son os seguintes:

JUNIORS MASCULINOS

 

APELIDOS

NOME

EQUIPO

 

Díz Vences

Breogán

ALUMINIOS CORTIZO

Souto Fernandez

Pedro

ALUMINIOS CORTIZO

Gallego Rodríguez

Gonzalo

VIGO-RIAS BAIXAS

Fernández Martínez

Iván

VIGO-RIAS BAIXAS

Valverde Leiros

Andrés

VIGO-RIAS BAIXAS

Buba Sopko

Ricardo Martín

VIGO-RIAS BAIXAS

López González

Javier

CAMBRE-CAEIRO

Rodríguez Rodríguez

Luis

CAMBRE-CAEIRO

Maceiras Fernández

Pablo

CAMBRE-CAEIRO

Meilan Pardiño

Rubén

CIDADE DE LUGO

Vázquez Sánchez

Diego

CIDADE DE LUGO

Pollan Díaz

David

CIDADE DE LUGO

Fandiño Fernández

Rubén

BATHCO

Rey Vázquez

Martín

EMICO-ERBI BEMBIBRE   

Gonzalez Borjes

David

MASTER LOURIÑA

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es