Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Dispoñible a cuarta versión do Protocolo COVID-19 da FCG

30 DE ABRIL DE 2021

Esta actualización profundiza especialmente nas probas de Estrada e BTT

Disponible-a-cuarta-version-do-Protocolo-Covid-19-da-FGC

A Federación Ciclismo Galego (FCG), co fin de minimizar os riscos de contaxio, vén de realizar unha nova actualización do seu Protocolo de Actuación fronte á COVID-19. Esta cuarta versión foi revisada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que procedeu a súa aprobación o 30 de abril tras certificar que os cambios efectuados cumpren coas indiciacións establecidas no Protocolo FISIOCOVID-DXT GALEGO.

Ademais de rexer a relación de situacións de posible contaxio e medidas de tratamento das modalidades ciclistas activas na nosa comunidade, tanto nas competicións como nos adestramentos das escolas, esta actualización do protocolo engade as instrucións de obrigado cumprimento a aplicar nas probas nacionais de Estrada e de BTT. Todos os eventos en Galicia non contarán con público alleo á proba. 

Por unha banda, especifícanse os pasos a seguir  as Probas Nacionais de Competición e nas Probas Autonómicas de Competición, e ademais concrétanse os requisitos segundo sexa unha proba de Fondo en Estrada, CRI Estrada, BTT XCO-XCE-Maratón, Enduro, DHI-DHU-MINI DH, Escolas Estrada en Circuíto, Escolas Estrada Xymkanas, Escolas Estrada en Circuíto para Cadetes e Juniors, e Mini BTT

En canto as probas Ciclismo Para Todos e BTT Non Competitiva sublíñase que será o organizador quen escolla se é o deportista debe presentar o certificado de test antíxenos/PCR negativo ou o uso da máscara durante a proba. 

Neste protocolo atópase a folla modelo da Guía do protocolo específico dirixido aos organizadores dependendo da especialidade ou do tipo de proba. Estes modelos solicítanse á Federación Ciclismo Galego.

Fai click neste enlace para acceder á cuarta versión do Protocolo 

Aproveitamos para lembrar a lista de clínicas recomendadas pola FGC para realización das probas e test de antíxenos:

SANTIAGO

Clínica Gaias, C/Pintor Xaime Quesada 4 baixo Tfno. 981 566801

 

VIGO

Clínica Gaias, C/ Ballesta 8 baixo Tfno. 986 442424

Laboratorio Valenzuela, C/ Príncipe 33 Tfno. 986 225990

 

A CORUÑA

Clínica Gaias, C/Calvo Sotelo 17 baixo, 15004 Tfno. 981 919171

 

LUGO

Hospital Ollos Grandes, C/Concepción Arenal 15, baixo Tfno. 982 284040

Laboratorio Valenzuela, C/ Bispo Aguirre 22 Tfno. 982 315740

 

OURENSE

Clínica Semecor, C/Mateo de Prado 12 baixo Tfno. 988 243300

 

PONTEVEDRA

Laboratorio Valenzuela, Rúa da Oliva, 18 Tfno. 986 858313 

 

RIBEIRA

Clínica Gaias, Avda da Coruña 52 Tfno. 981 835683

 

FERROL

Clínica Gaias Ferrol, C/Mourel 1-3, 15406 Tfno. 981 589548

 

A FCG facilitará test de antíxenos a prezo de custo (5,50 euros monodosis ou caixas de 20 unidades/4,50 euros) a todos os clubs que o soliciten para participar en competicións. Para iso, os responsables dos equipos deberán enviar un correo electrónico cos nomes dos corredores inscritos na proba a federacion@fgalegaciclismo.es 

 

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es