Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Test de antíxenos gratuítos para participar nos eventos PER e nos Campionatos de Galicia

03 DE MAYO DE 2021

A Federación Ciclismo Galego pon a disposición dos clubs probas para detectar a covid-19

Test-de-antixenos-gratuitos-para-participar-nos-eventos-PER-e-nos-Campionatos-de-Galicia

A Federación Ciclismo Galego informa aos clubs galegos que teñan previsto participar nos eventos PER (Proxecto Especial Relevancia) ou nos Campionatos de Galicia que pon a súa disposición test de antíxenos gratuítos para detectar a covid-19. 

As entidades interesadas deberán enviar un correo electrónico a federacion@fgalegaciclismo.es indicando a proba na que vai participar e o nome das corredoras e dos corredores inscritos. 

As competicións PER son as seguintes:

59 Clásica de Pascua-Ruta Xacobea

Vigo Copa de España 2021 

II Copa de España de Ciclismo Adaptado

Gran Premio Cidade de Pontevedra Ciclismo Femenino

Campeonato de España de XCM-Lalín Bike Race-Xacobeo 2021 

 

O requisito de someterse a un test de detección da covid-19 tamén é obrigatorio para todos os Campionatos de Galicia excepto para os autonómicos de CRI, Enduro e DHI

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es