Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Aprazada a Clásica de Pascua-Ruta Xacobea

06 DE MAYO DE 2021

O aumento desproporcionado de casos positivos da covid-19 en Padrón obriga ao adiamento da sexta xornada da Copa de España Elite-Sub23

Aprazada-a-Clasica-de-Pascua-Ruta-Xacobea-

Seguindo as instrucións do Concello de Padrón ante a decisión da Comunidade Autonoma de Galicia polo aumento desproporcionado de casos positivos da covid-19 no seu municipio, o Club Ciclista Padronés vese na obriga de aprazar a 59ª Clásica de Pascua-Ruta Xacobea, sexta xornada da Copa de España, prevista para este sábado 8 de maio.

"En canto no lo permitan, buscarase unha nova data para celebración da proba", indica o Club Ciclista Padronés, que lamenta este adiamento "estando tan preto a data e despois de todo o traballo realizado, pero as circunstacias mandan e prima a saúde das persoas".

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es