Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Actualización do Protocolo fronte á COVID da Federación Ciclismo Galego

28 DE OCTUBRE DE 2021

Admítese o certificado de vacinación con pauta completa como alternativa ao test de antíxenos ou PCR

Actualizacion-do-Protocolo-fronte-a-COVID-da-Federacion-Ciclismo-Galego-

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia vén de aprobar esta mañá a actualización do 'Protocolo de actuación para a volta da actividade ciclista fronte á COVID-19' elaborado pola Federación Ciclismo Galego. Nesta revisión destaca a admisión do certificado de vacinación con pauta completa como alternativa ao test de antíxenos. 

Na páxina 13 do documento que achegamos, atópanse as instrucións a seguir para competir nunha proba de carácter estatal que se celebre na nosa comunidade autónoma. As corredoras e os corredores deberán presentar o certificado de vacinación con pauta completa ou, no caso de no estar vacinados, o certificado negativo de test de antíxenos ou PCR que deberá realizar entre as 72 e 24 horas previas á celebración do evento. O test soamente terá validez para unha única competición. Mantense o requisito do Formulario de Trazabilidade e, ademais, os equipos/deportistas procedentes doutras comunidades autónomas que se despracen a Galicia terán que comunicar cunha antelación mínima de 24 horas ás autoridades sanitarias autonómicas a relación de persoas que integran a expedición. 

En canto ás probas autonómicas de competición, o requisito obrigatorio para todas as modalidades será a presentación do certificado de vacinación ou do test de antíxenos, salvo nas de saídas individuais que non requiren de ningún certificado para competir sen máscara. No caso da vacinación con pauta incompleta, os deportistas deberá presentar o certificado de test de antíxenos ou PCR negativo. Nestas competicións tamén hai que completar o Formulario de Trazabilidade. 

Nas páxinas 14 e 15 especifícanse as instrucións por modalidades: Ciclocrós, Fondo en Estrada, CRI Estrada, BTT (XCO, XCE, Maratón, Ultramaratón e Resistencia), BTT Enduro, BTT (DHI, DHU e Mini DH), Escolas Estrada en Circuíto, Escolas Estrada Xymkanas, Escolas Estrada en Circuíto para Cadetes e Juniors, Mini BTT e Ciclismo para Todos. 

Nas probas da Copa Galicia e Campionato de Ciclocrós, modalidade en activo agora mesmo, os deportistas presentarán o certificado de vacinación e se non o de test de antíxenos ou PCR realizado entre as 72 e as 24 horas previas á competición. O test só terá validez para esa proba. 

Os eventos en Galicia poderán contar coa presenza de público. 

Neste protocolo atópase a folla modelo da Guía do protocolo específico dirixido aos organizadores dependendo da especialidade ou do tipo de proba. Estes modelos solicítanse á Federación Ciclismo Galego

 

 

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es