Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convocatoria de Axudas DGAN 2021

09 DE NOVIEMBRE DE 2021

O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de novembro

Convocatoria-de-Axudas-DGAN-2021-

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia o anuncio dunha nova convocatoria das Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel, neste caso as do ano 2021. 

Con esta nova convocatoria para 2021, que acada os 200.000 euros de orzamento e chegará a unhas dúas centenas de deportistas, as Axudas DGAN outorgadas pola Xunta sumarán 6 millóns de euros e ao redor dun milleiro de deportistas beneficiados ao longo da historia.
Do mesmo xeito que as Axudas DGAN 2020, a convocatoria conta con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1 (ata 8.000 euros), Axuda DGAN 2 (ata 6.000 euros), Axuda DGAN 3 (ata 4.000 euros), Axuda DGAN 4 (ata 2.000 euros), Axuda DGAN 5 (ata 1.000 euros) e Axuda DGAN 6 (ata 1.000 euros), así como a Axuda D.A. Deportista de apoio/guía (100% da axuda DGAN), que fora unha novidade na convocatoria de 2020 en recoñecemento á colaboración con deportistas DGAN que compiten en modalidades e especialidades deportivas paralímpicas e de deporte adaptado.

A principal novidade desta volta, é a inclusión da Axuda DGAN Compensación COVID19, de cara a intentar compensar os prexuízos causados pola inicidencia da pandemia COVID19. O obxectivo desta axuda é seguir colaborando na preparación daquelas persoas deportistas que xa tiveron axuda DGAN en 2020 e que non puideron competir por causas alleas á súa vontade, directamente vinculadas á cancelación de competicións oficiais ou por sufrir corentenas por contaxio COVID19 ou por contaxios de contactos próximos.

Estas axudas serán asignadas segundo os resultados deportivos acadados durante o ano 20 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores). As bases da convocatoria están publicadas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal dende hoxe. O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá mércores 10 de novembro e estenderase ata o vindeiro día 23.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es