Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Cambios no calendario da Copa Galicia de Ciclocrós

24 DE NOVIEMBRE DE 2021

Incorpórase o I Ciclocross Concello de Nigrán ZFV-Porto do Molle, fixado para o 12 de decembro, e cancélase o V Trofeo de Ciclocross Concello do Porriño

Cambios-no-calendario-da-Copa-Galicia-de-Ciclocros-

A penúltima xornada da Copa Galicia de Ciclocrós cambia de data e de escenario. O I Ciclocross Concello de Nigrán ZFV-Porto do Molle incorpórase ao calendario e baixo a organización da Club Ciclista Coruxo celebrarase o domingo 12 de decembro. Por outra parte, a Asociación Deportiva Avanza comunicou a cancelación do V Trofeo de Ciclocross Concello do Porriño, previsto para o sábado 18 de decembro.

Esta dobre modificación mantén en catorce o número de xornadas da Copa Galicia 2021. Aínda faltan cinco probas por disputar e o circuíto coordinado pola Federación Ciclismo Galego baixará o pano o 19 de decembro en Ponteareas co Ciclocross Borja Gómez Méndez. 

Toda a información sobre a #CopaGaliciaCX podes atopala facendo click sobre esta ligazón

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es