Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Presentación do Club Ciclista Ribadumia

02 DE ABRIL DE 2022

No seu cuarto ano de vida conta con 120 rapazas e rapaces que se inician no BTT

Presentacion-do-Club-Ciclista-Ribadumia-

Foto: Mary.reportajes4m

A carballeira de Barrantes acolleu o pasado domingo a presentación do Club Ciclista Ribadumia e da súa escola de formación. No seu cuarto ano de vida, o club que preside Javier Pombo segue medrando desde abaixo e conta xa con 120 rapazas e rapaces que se inician na modalidade de BTT ás ordes dunha decena de monitores. 

O CC Ribadumia converteuse nun referente non só no seu concello, tamén en toda a zona xa que conta con ciclistas en formación de Vilagarcía, Pontevedra e incluso Silleda. O club prepárase para a primeira proba coa escola que terá lugar o vindeiro domingo en Sanxenxo, a onde acudirá con máis de 60 bikers

Ao marxe do crecemento da escola, defenderán as cores do club tamén ciclistas importantes de máis idade como Cecilia Abal, que se recupera dun accidente, Desiree Fernández ou Martín González, entre outros. O presidente e coordinador Javier Pombo destaca o crecemento exponencial que segue experimentando o club. 

 

Fonte: Diario de Arousa 

GALERÍA DE FOTOS

Presentación do Club Ciclista Ribadumia
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es