Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Aberto o prazo para a solicitude de probas do calendario de Ciclocrós 2022-2023

09 DE JUNIO DE 2022

Remata o 26 de xuño

Aberto-o-prazo-para-a-solicitude-de-probas-do-calendario-de-Ciclocros-2022-2023

A Federación Ciclismo Galego abriu este xoves o prazo para solicitar a organización de probas correspondentes ao calendario de Ciclocrós da temporada 2022-2023. Pregamos aos clubs interesados que presten especial atención aos puntos que se detallan a continuación:

-A proba tense que solicitar dende a zona privado do club. 

O prazo de admisión das solicitudes do calendario de CX remata o domingo 26 de xuño. Todas aquelas solicitudes que cheguen despois desta data perderan os seus dereitos no calendario a efectos de coincidencias con probas xa calendadas.

-Os clubs que desexen organizar a proba en xaneiro de 2023, e dado que a RFEC aínda non abriu o prazo para solicitalas, rogámoslles poñan como data de celebración o 31/12/2022

-No mesmo momento de realizar a petición da proba, poden solicitala para que sexa da COPA GALICIA DE CICLOCROS, aínda que para o seu estudio, teñen que cumprir os seguintes requisitos:

   o Subir á solicitude da proba, o prego de condicións asinado. Achégase o manual para realizalo e o prego, aínda que tamén se pode descargar.

   o Que a proba sexa solicitada de carácter nacional, mínimo da clase 1.33.5. As carreiras internacionais no poden ser da Copa Galicia.

   o Que non coincida con ningunha proba da Copa de España de CX. O seu calendario é o seguinte:

02/10/2022       XII Trofeo Villa de Gijón (Asturias)

08/10/2022       Gran Premio Ciudad de Pontevedra (Galicia)

30/10/2022       Les Franqueses-KH7 (Cataluña)

05/11/2022       Ciclocross Internacional de Llodio (País Vasco)

06/11/2022       XXIX Ciclocross Internacional de Karrantza (País Vasco)

13/11/2022       Ciclocross Internacional Ciudad de Tarancón (Castilla-La Mancha)

20/11/2022       Ciclocross Internacional Ciudad de Alcobendas (Madrid)

17/12/2022       Ciclo-cross Ciudad de Xátiva (Valencia)

18/12/2022       XXV Cyclo-Cross Internacional Ciudad de Valencia 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es