08 DE AGOSTO DE 2022
Co motivo da presentación de candidaturas a membros da Asemblera Xeral da Federación Ciclismo Galego (FGC), infórmase que o prazo de presentación ábrese ás 00:00 horas do 9 de agosto e conclúe ás 14:00 h. do día 12 do mesmo mes.
Requisitos
- Estar incluído/a no censo definitivo. De acordo co punto 3 de artigo 6 do regulamento electoral, as persoas que posúan máis dunha licenza (arbitro/deportista, técnico/deportista, etc), e que non optaron por un estamento determinado, figurarán nun so censo priorizando o de árbitros, despois técnicos e finalmente deportistas.
- Presentar escrito dirixido á Xunta Electoral por calquer medio que acredite fidedignamente en dereito a solicitude de presentar a súa candidatura a membro da Asemblea, indicando o estamento e circunscrición.
- Achegar fotocopia do DNI do/a solicitante.
Mais información
- A dirección para presentar as solicitudes é a da sede da FGC sita na rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17 de Vigo ou no e-mail eleccions2022@fgalegaciclismo.
- Na pestaña de Procesos Electorais da zona privada poderanse descargar os modelos de solicitudes de clubes e de persoas.
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es