Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Eleccións a membros da Asamblea da FCG

27 DE SEPTIEMBRE DE 2022

Este sábado de 10:00 a 14:00 horas

Eleccions-a-membros-da-Asamblea-da-FCG

Este sábado día 01 de outubro, en horario de 10 a 14 horas, celebraranse as eleccións a membros da Asemblea Xeral da Federación. As sedes e os estamentos nos que haberá votacións son os seguintes:

Mesa electoral de A Coruña

Na sede da delegación da Real Federación Galega de Fútbol sita no estadio Vero Boquete, porta 4 de Santiago de Compostela.

Nesta mesa exercerán o seu dereito ao voto os electores da provincia de A Coruña nos estamentos dos clubs de ruta, deportistas de cicloturismo, técnicos de BTT, técnicos de ruta e árbitros.

 

Mesa electoral de Lugo

No edificio administrativo do Servizo Provincial de Deportes sito na Ronda da Muralla 70-1º de Lugo.

Nesta mesa exercerán o seu dereito ao voto os electores da provincia de Lugo nos estamentos dos clubs de BTT, deportistas de cicloturismo, técnicos de BTT, técnicos de ruta e árbitros.

 

Mesa electoral de Ourense

No edificio administrativo do Servizo Provincial de Deportes sito na Avda. da Habana 79 de Ourense

Nesta mesa exercerán o seu dereito ao voto os electores da provincia de Ourense nos estamentos dos deportistas de cicloturismo, técnicos de BTT, técnicos de ruta e árbitros.

 

Mesa electoral de Pontevedra

Na sede da Federación, sita na rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 de Vigo.

Nesta mesa exercerán o seu dereito ao voto os electores da provincia de Pontevedra nos estamentos dos clubs de BTT, clubs de ruta, deportistas de cicloturismo, técnicos de BTT, técnicos de ruta e árbitros.

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es