Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Laura Carrera e Saúl Villar preparan o Campionato do Mundo de BMX Freestyle coa selección española

21 DE OCTUBRE DE 2022

O combinado estatal está concentrado na cidade francesa de Montpellier

Laura-Carrera-e-Saul-Villar-preparan-o-Mundial-de-BMX-Freestyle-coa-seleccion-espanola

O gran obxectivo da selección española de BMX Freestyle, o Campionato de Mundo, achégase no calendario e o combinado estatal comezou a prerarar o seu reto este xoves na cidade francesa de Montpellier con dous riders vigueses entre os convocados. Laura Carrera e Saúl Villar, ambos do BMX Cromoly, forman parte do grupo dirixido por Alejandro Alcojor.

Montpellier, unha das cidades europeas que conta con mellores instalacións para practicar esta especialidade e maior tradición, acollerá esta concentración ata o último día desta semana, o domingo 23. Un total de nove riders adestrarán en territorio galo de cara ao Campionato do Mundo do vindeiro mes, do 9 ao 13 de novembro, que se celebrará en Abu Dhabi (Emiratos Árabes) no marco do Mundial de Ciclismo Urbano.

Máis información

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es