30 DE MAYO DE 2023
Ás portas de entrar en xuño, o mes no que se celebran os seus Campionatos de España, as Seleccións de Galicia Sub23 e Júnior de Estrada puliron detalles durante a fin de semana. Tendo a localidade de Mondariz-Balneario como epicentro e o Hotel Cemar como cuartel xeral, os dous combinados adestraron pola zona suroeste da nosa comunidade. Un stage para poñer as pernas a puntos e estreitar lazos entre os corredores.
A primeira xornada estivo dedicada en exclusiva aos sub23. O seleccionador Jacobo Ucha dirixiu unha sesión na que se traballou o fondo, percorrendo en 6 horas máis de 180 quilómetros e acumulando preto de 4.000 metros de desnivel positivo. Os ciclistas que compiten no pelotón amateur pedalearon polas provincias de Pontevedra e Ourense, transcorrendo unha parte do adestramento a carón da fronteira con Portugal. O seu Campionato de España celebrarase o 23 e o 24 de xuño na Comunidade de Madrid e neste ensaio xeral buscouse un trazado o máis similar posible ao que se van atopar na proba en liña. O planning do sábado completouse cunha reunión técnica despois de xantar e antes de descansar.
Ao día seguinte, o domingo, sumáronse os juniors, categoría que ten fixados os seus campionatos estatais para o 29 de xuño e o 2 de xullo na Región de Murcia. Os xuvenís rodaron na compaña dos sub23 e xuntos completaron 133 km, superando lixeiramente os 3.100 metros de desnivel acumulado. Esta ruta, máis curta que a da véspera, incluíu novidades aínda que a maioría do itinerario volveu transcorrer polas comarca do Condado Paradanta e a zona máis oeste da provincia de Ourense. Logo de case cinco horas enriba da bicicleta, os compoñentes das dúas seleccións despediron a concentración compartindo mesa e mantel nas instalacións do Hotel Cemar.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es