Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pablo Rodríguez non toma a saída no Europeo

15 DE OCTUBRE DE 2020

O macedao arrastra problemas físicos

Pablo-Rodrigue-non-toma-a-saida-no-Europeo

Foto: RFEC

Finalmente non haberá representación galega no Europeo de XCO que se está celebrando no circuíto suízo de Monte Tamaro - Monteceneri. Pablo Rodríguez anunciou este sábado nas redes sociais que renuncia a participar na proba elite por mor de problemas físicos

O biker macedao, que xa tivo que abandonar no Mundial do pasado domingo polo mesmo motivo, publicou a seguinte mensaxe: "Desafortunadamente non tomarei a saída hoxe no Campionato de Europa. A dor nas costelas e pectoral non mellora dende a miña caída a semana pasada no Campionato do Mundo. Entón, só queda darlle descanso agora. Seguro que a temporada 2021 será menos tola que esta, xa estamos traballando nela!".

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es