Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Suárez asina un brillante sétimo posto na Copa do Mundo DHI de Máribor

18 DE OCTUBRE DE 2020

O rider vigués quedou a menos dun segundo e medio do podio

Suarez-asina-un-brillante-setimo-posto-na-Copa-do-Mundo-DHI-de-Maribor

Foto: @isacpaddock

"Súper feliz", así resumiu o seu estado de ánimo Ángel Suárez nas redes sociais tras asinar este domingo un brillante resultado na segunda proba da Copa do Mundo DHI 2020. O rider vigués do YT Mob obtivo a sétima praza en Máribor (Eslovenia), quedando a menos dun segundo e medio do terceiro clasificado. 

Único representante español na quenda final, Suárez completou o descenso en 3:09.460, situándose momentaneamente co mellor tempo. As diferenzas entre os doce primeiros foron mínimas, movéndose nunha marxe de 3 segundos. O británico Matt Walker (Madison Saracen) logrou a terceira posición detendo o reloxo en 3:08.174 e o francés Loris Vergier (Santa Cruz) impúxose cun rexistro de 3:07.771. 

O galego, que grazas a esta actuación suma 90 puntos na clasificación UCI, ratificou as boas sensacións que transmitiu o venres na apertura da Copa de Mundo. No mesmo escenario, en Máribor, o vixente campión de España rozou o 'top-10'. Clasificouse undécimo, a centésimas de meterse entre os dez primeiros e a 10" do vencedor Vergier. 

Clasificación

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es