Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Campionatos de Galicia 2021

17 DE ENERO DE 2021

O prazo para solicitar a súa organización remata o 21 de xaneiro

Campionatos-de-Galicia-2021

A Federación Galega de Ciclismo abre o prazo para solicitar os Campionatos de Galicia 2021. Os clubs que estén interesados en organizar algún dos seis eventos de Estrada e cinco de BTT que están previstos disputarse durante este ano, teñen ata o xoves 21 de xaneiro para presentar a súa candidatura cubrindo o formulario ao que se accede a través do seguinte enlace: https://forms.gle/gxEBoQnB2x6RGoDMA

Achéganse arquivos co Cadro de Datas, Prego de Condicións para os campionatos de Estrada e Prego de Condicións para os Campionatos de BTT.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es