Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pablo Rodríguez, gran atracción este domingo no Campionato de Galicia XCO de Maceda

25 DE JUNIO DE 2022

O biker do BH Templo Cafés encabeza unha participación que supera os 180 inscritos

Pablo-Rodriguez-gran-atraccion-este-domingo-no-Campionato-de-Galicia-XCO-de-Maceda

Nun escenario con experiencia en grandes citas do calendario estatal, o Cross Country Olímpico autonómico repartirá este domingo as súas coroas. Ás 10:00 horas arrancará no circuíto de Maceda o Campionato de Galicia XCO 2022. Entre os máis de 180 bikers que se reunirán ao carón das piscinas municipais destaca un nome, o do local Pablo Rodríguez. 

O corredor Elite UCI do BH Templo Cafés será a gran atracción do XIII BTT de Maceda - Copa Deputación. A falta dun mes para afrontar o Campionato de España, un dos seus grandes obxectivos da temporada, o macedao aproveitará a paréntese no calendario internacional para correr diante dos seus veciños. A aumentar o nivel deste evento tamén contribuirá a presenza da selección romanesa, que se atopa en Galicia realizando un stage de preparación.

Na liña de saída tamén estarán os dous grandes dominadores do calendario autonómico. Saúl López (Academia Postal-Maceda) e Lara Lois (Moto Bike) defenden as coroas elites que renovaron hai un ano en Marín, onde tamén se proclamaran campioas e campións de Galicia: María Filgueiras e Tomás Pombo en cadetes, Laura Mira e Miguel Rodríguez en juniors, Iván Feijoo nos sub23, Manuel Parada nos máster-30, Silvia García e Alejandro Trasbach en máster-40 e Manuel Castro nos máster-50. 

A proba organizada polo Clube Ciclista Maceda foi presentada este venres nun acto ao que asistiron oo vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Maceda, Rubén Quintas; o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz; o presidente e a vicepresidenta do club anfitrión, Xulio Conde e Elena González; o xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; e o patrocinador do evento Francisco Novoa, director xeral do Grupo Academia Postal.

GALERÍA DE FOTOS

Pablo Rodríguez, gran atracción este domingo no Campionato de Galicia XCO de Maceda
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es