Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Presentación da 3 Horas BTT de Noia

18 DE ENERO DE 2023

A segunda xornada da Copa Galicia 3H Resistencia celébrase este domingo

Presentacion-da-3-Horas-BTT-de-Noia-

A segunda edición da Copa Galicia 3H Resistencia púxose en marcha o pasado domingo en Narón e unha semana despois chegará ao circuíto da Barquiña. A 3 Horas BTT de Noia dará continuidade ao calendario dun certame autonómico que esta temporada consta de cinco eventos. A segunda xornada está organizada polo Club Peña Ciclista Toxo. 

A presentación da competición que arrancará o domingo ás 10:00 horas tivo lugar na Casa do Concello de Noia. Neste acto estiveron presentes a edil de Deportes, Laura Salgado Garcia, os representantes do CPC Toxo, Tono Mato e José Manuel Ulloa, e o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz.

Máis información 

Páxina web da Copa Galicia 

GALERÍA DE FOTOS

Presentación da 3 Horas BTT de Noia
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es