Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Veloso sobe ao podio na reanudación do calendario portugués

06 DE JULIO DE 2020

O arousán rematou terceiro na Prova de Reabertura, unha CRI de 22 quilómetros. Marque asinou o oitavo posto.

Veloso-sobe-ao-podio-na-reanudacion-do-calendario-portugues

Foto: © João Fonseca Photographer / FPC

O ciclismo profesional de estrada reanudouse en Portugal tras o parón pola crise sanitaria do Covid-19 e fíxoo con dous galegos clasificándose entre os dez primeiros da Prova de Reabertura. O arousán Gustavo César Veloso (W52-FC Porto) acadou o terceiro mellor tempo na contrarreloxo individual de 22 quilómetros que dominou Rui Costa (UAE Team Emirates), mentres que o estradense Alejandro Marque (Atum General-Tavira-Maria Nova Hotel) obtivo a oitava praza.

Tras case catro meses de paréntese, a competición regresou ás estradas lusas no distrito de Aveiro cun percorrido entre o Centro de Alto Rendemento de Anadia e a Rua da Fonte Nova, en Sangalhos. Costa, campión do mundo de fondo en estrada no 2013, venceu cun rexistro de 28 minutos e 10 segundos, rebaixando en 3" o tempo do tamén portugués Rafael Reis (Feirense).

Na pugna por completar o podio, Veloso detivo o reloxo en 28:32, sendo 13" máis rápido que o luso Ivo Oliveira (UAE Team Emirates). Pola súa banda, Marque investiu 43" máis que o de Bamio. 

A vindeira fin de semana o calendario de estrada do país veciño ten marcada unha nova cita. O sábado e o domingo celebrarase en Oliveira de Azeméis a Challenge Memorial Bruno Neves.

Máis información

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es